Dende esta Área traballamos a comunicación interna e externa da Federación. Promovemos a transmisión de información entre as entidades pertencentes a FADEMGA Plena inclusión Galicia e difundimos o traballo da federación e das nosas entidades nos medios de comunicación, para lograr unha labor de cohesión, unidade e forza, así coma unha maior presenza do Movemento Asociativo na sociedade galega.
O noso obxectivo: proxectar unha imaxe positiva das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, tratando de sensibilizar e implicar á sociedade para que facilite os máximos graos de autonomía, participación, inclusión, accesibilidade e calidade de vida ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias.
Podes contactar coa nosa Área de Comunicación no seguinte correo: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.