O Sistema de Avaliación da Calidade de Plena inclusión é un SISTEMA DE MELLORA cuxo obxectivo é que as organizacións parte do Movemento Asociativo Plena inclusión sexan capaces de percorrer un camiño de mellora que as leve cara a acreditación da calidade nos seus procesos, a xestión dos seus apoios e servizos, etc. Para que isto sexa posible, proporciónalles toda a información e o apoio externo que precisen.
Esta acreditación, por tanto, máis que unha “certificación” de calidade ao uso (como a ISO, ou a EFQM) podería definirse como un proceso metódico de mellora que é absolutamente compatible e converxente cos outros sistemas de certificación.
QUE SE ACREDITA?
A acreditación que propón este "Sistema de Avaliación da Calidade Plena inclusión" busca evidencias de mellora nos 3 compoñentes que conforman o Modelo de Calidade Plena inclusión: calidade de vida (resultados persoais valorados), calidade na xestión e ética. En cada unha destas áreas -que se atopan intimamente interrelacionadas entre si-, o sistema determinará exemplos de evidencia durante os diferentes momentos do proceso de mellora.
O sistema acredita a entidade no seu conxunto e non a cada servizo ou programa por separado. Non obstante, cada área específica poderá empregar as ferramentas do sistema para mellorar, pero non poderá obter a acreditación.
Sistema Avaliacion Calidade Plena inclusión
Plan Formacion Responsables Calidade Entidades
Plan de Formación de Equipos Autoavaliación Entidades