Calidad

Escucha esta página utilizando ReadSpeaker

No Movemento Asociativo de Plena inclusión definimos a Calidade como un modelo configurado por 3 aspectos esenciais, de modo que ningún deles pode faltar ou ter desenvolvementos significativamente diferentes dos outros dous.

O primeiro aspecto é a calidade de vida, como paradigma orientador de toda acción, e esencialmente dentro del a dimensión de autodeterminación individual (apoiar que cada persoa sexa o xestor esencial do seu propio destino, con capacidade de decisión sobre aspectos cruciais da vida, coa posibilidade e oportunidade para o establecemento de metas e plans que sexan sentidos como importantes pola propia persoa).
 
O segundo aspecto é a calidade total na xestió: a calidade de vida non pode ser meramente froito dunha intención; á intención debe vincularse á xestión necesaria para o seu logro e, con ela, aos conceptos fundamentais da calidade (liderado e coherencia nos obxectivos, orientación ao cliente, orientación aos resultados, desenvolvemento e implicación das persoas, aprendizaxe e innovación e mellora continua, desenvolvemento de alianzas, xestión por procesos e feitos, responsabilidade social).
 
O terceiro e último aspecto é o compromiso ético; para Plena inclusión a calidade non é unha cuestión de elección organizativa, senón que é froito irremediable do dereito das persoas a unha vida digna, de calidade e plena cidadanía, en definitiva, é un compromiso baseado na ética.
Así pois, a calidade dos servizos debe ser percibida dende a óptica do impacto que estes teñen na calidade de vida das persoas.
 


O modelo de Calidade de Plena inclusión está composto por:

•    Calidade de vida (seguindo as 8 dimensións de Shalock e Verdugo e o modelo de calidade de vida familiar de Poston e colaboradores).

•    Calidade na xestión (seguindo 8 principios da calidade total).

•    Compromiso ético (segundo os 10 valores do código ético de Plena inclusión).



Cales son os principios da Calidade Plena?

Plena inclusión asume, a modo de política global de calidade, os seguintes principios:

•    Unha concepción da discapacidade intelectual que afirma o valor de toda persoa por encima dos seus perfís de capacidade e limitación;

•    Calquera persoa pode permanentemente progresar si conta cos apoios axeitados;

•    O papel da contorna é esencial;

•    A familia é a base da inclusión social;

•    A persoa debe ser un axente esencial na construción do seu destino e na planificación do seu futuro.



Cales son as bases do Modelo de Calidade Plena?

•    A calidade é un compromiso ético, non só unha decisión da dirección.

•    Toda persoa ten valor por riba dos seus perfís de capacidades e limitacións .

•    As entidades deben buscar a mellora continua porque as persoas sempre poden progresar si contan cos apoios axeitados.

•    As entidades deben xestionar ben todos os recursos, de xeito eficiente, transparente e orientada a producir calidade de vida nos seus clientes.

•    O papel da contorna é esencial para poder conseguir unha verdadeira inclusión. 

Para poder avaliarse nos 3 compoñentes da Calidade Plena, o movemento asociativo conta cun "Sistema de Avaliación da Calidade" propio que pon a disposición das súas entidades a través da persoa Responsable de Calidade da Federación.