Atención a las asociaciones

Escucha esta página utilizando ReadSpeaker

O cometido desta área é promover e implantar as medidas e os procesos precisos para conseguir as condicións que permitan establecer unha xestión de calidade en tódolos servizos da federación.
 
Ademais, ten como cometido impulsar a calidade PLENA en todas as organizacións do movemento asociativo en Galicia, establecendo as accións que sexan precisas para conseguir que ésta se materialice en todas as entidades federadas. Este cometido desenvólvese a través de accións de difusión, información, formación de directivos, profesionais, voluntarios, familiares e persoas con discapacidade; facilitando ás entidades as ferramentas precisas e dispoñibles para que podan materializar a calidade PLENA, así como levando a xestión e seguimento de todos os procesos que se implanten nas mesmas en relación a esta cuestión. 
 
No movemento asociativo Plena inclusión, a calidade establécese como unha obriga que emana do dereito das persoas a recibir, servizos dignos e significativos para as súas vidas. Supón en suma considerar a calidade como un compromiso ético e non como unha mera decisión organizativa tomada en prol dunha mellor imaxe ou dunha maior eficacia.