Programa de “Atención integral a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento reclusas, exreclusas e sometidas a medidas alternativas”
O presente programa responde á necesidade de prestar unha atención individualizada e específica ás persoas con discapacidade intelectual que se atopan en situación reclusa, exreclusa ou de risco social.
En base á carencia de recursos específicos que atendan ás demandas do colectivo anteriormente citado, resulta necesaria a posta en marcha de programas de intervención. As accións que se desenvolven no mesmo son:
• Valorar, intervir e realizar un seguemento dos casos detectados.
• Promover o cumplimento da normativa legal vixente.
• Deseñar e aplicar programas individualizados.
• Mellorar a asistencia xurídica.
• Sensibilizar e difundir o programa.
• Coordinar, orientar e asesorar as actuacións dos profesionais implicados nos distintos ámbitos de intervención.
• Realizar unha avaliación contínua do desenvolvemento e execución do programa.
• Buscar, desenvolver e fomentar alternativas de reinserción, evitando os ingresos en centros penitenciarios.
• Establecer medidas de prevención de conductas antisociais en situación de alto risco.
• Promover a reinserción familiar, social, laboral e persoal dos usuarios.