Más Noticias

Escucha esta página utilizando ReadSpeaker

No marco do noso proxecto de "Transformación Dixital para a Inclusión", estamos a buscar iniciativas novidosas que desenvolvades nas entidades, co fin de derrubar a fenda dixital que afecta ao noso colectivo.

Tanto se es unha persoa con discapacidade intelectual, como familiar, profesional, ou directivo animámoste a que nos contes aquelas experiencias novidosas no campo das novas tecnoloxías. 

Coas experiencias que nos acheguedes construiremos un relatorio sobre as vosas iniciativas e darémoslle visibilidade a través da páxina web e no boletín informativo da Federación. Ademais, dúas das experiencias serán seleccionadas para xestionar un espazo publicitario en medios de comunicación!

Anímate e pon en valor o traballo da túa entidade!