Más Noticias

Escucha esta página utilizando ReadSpeaker

Co obxectivo de visibilizar o talento das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e de promover a lectura e a escritura, FADEMGA Plena inclusión Galicia convoca o Terceiro certame de relato curto en lectura fácil. 

Nesta ocasión, o Certame contará con dúas categorías: unha individual e outra para traballos en grupo, e a temática que deberá de protagonizar todos os orixinais será a lectura

Poderán participar todas as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que así o desexen, tanto de entidades federadas como non federadas. Asemade, tamén se contempla a posibilidade de que a persoa ou o grupo de persoas conten co apoio dun profesional, familiar ou persoa voluntaria. 

O prazo para presentar as vosas creatividades literarias estará aberto ata o vindeiro 17 de abril, e os gañadores faranse públicos con motivo do Día do Libro, o 23 de abril. 

Na seguinte ligazón podedes descargar as bases da convocatoria nas súas versión adaptada e sen adaptar. 

- Bases do Terceiro Certame de relato curto (lectura fácil)

- Bases do Terceiro Certame de relato curto (sen adaptar) 

 

Animádevos! Esperamos as vosas creatividades! 

 


Coa colaboración de: