Más Noticias

Escucha esta página utilizando ReadSpeaker

Como continuación da colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e AEDIGAL estase a organizar a formación "Igualdade e corresponsabilidade nos procesos de traballo en entidades de atención a persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento de Galicia" . Trátase do segundo curso dun conxunto de cinco formacións sobre igualdade que terán lugar nos vindeiros meses. 

O curso formativo levarase a cabo a través de dúas sesións en liña que se celebrarán en horario de mañá:

✓ O venres, 25 de novembro de 2022 de 10:00h a 13:30h

✓ O venres, 02 de decembro de 2022 de 10:00h a 11:30h

QUE TRATAREMOS NESTE CURSO?

➢ Conciliación e corresponsabilidade

➢ Accións positivas e boas prácticas

➢ A linguaxe inclusiva

A QUEN VAI DIRIXIDO?

A persoal das entidades de atención de persoas con discapacidade intelectual.

ONDE INSCRIBIRSE?

No formulario de inscrición, que estará aberto ata o 22 de novembro de 2022.

As persoas participantes terán ata o luns, 12 de decembro ás 23:59h para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.