Despois do comunicado enviado este martes para dar a coñecer o incumprimento do prazo no que debía poñerse en marcha o Concerto Social, a Xunta de Galicia recibiu aos representantes da federación para intentar desatascar esta situación que mantiña paralizada a posta en marcha do Concerto, convocándonos a unha nova reunión que terá lugar o 28 de outubro.
A maiores de tratar as causas do retraso e incumprimento nos prazos, na reunión traballaremos para que a implantación do Concerto Social no sector poda iniciarse a partir de xaneiro do 2023. Asemade, abordaremos os módulos do servizo de residencias (tanto apoios límites como grandes necesidades de apoio) nos que continuamos a manter discrepancias.
Esperamos que durante esta xuntanza podamos chegar a acordos e impulsar unha pronta solución para esta situación que mantén en vilo ao sector da discapacidade intelectual.