Más Noticias

Escucha esta página utilizando ReadSpeaker

A Federación ven de reunirse esta mañá co Consello Económico e Social de Galicia (CES Galicia) e coa Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) co fin de valorar os efectos colateráis que está a producir a aplicación da Lei 8/2021 do 2 de xuño, pola cal se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica. 

A aplicación práctica desta reforma está a ter unhas graves consecuencias na vida das persoas con discapacidade intelectual que teñen recoñecida unha incapacidade e tamén as súas familias, pois existe risco de que os efectos xurídicos que conleva a incapacidade se perdan pola remisión que fan outras leis ao termo "incapaz", á "incapacidade declarada xudicialmente" ou ao termo "tutela" ou "titor", sempre que non se adapten estas normas á reforma do Código Civil; como poden ser a Lei 40/2003 de Protección de Familias Numerosas, o Real Decreto Lexislativo 8/2015 do 30 de outubro polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, o RD 1335/2005 do 11 de novembro, polo que se regulan as prestacións familiares da Seguridade Social, o RD 439/2007 do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e modificase o Regulamento de Plans e Fondos de Pensións aprobado por Real Decreto 304/2004, do 20 de febreiro (Artigo72), Lei 35/2006 do 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e de modificación parcial das leis dos Impostos sobre Sociedades, sobre a Renda de non Residentes e sobre o Patrimonio (art 82, 53, 60), normas en materia laboral e convenios colectivos, normas en materia sanitaria, así como cuestións esenciais de operativa co sector financieiro, entre outros. 

É por iso que con este contexto normativo así como o alcance e trascendencia que iso conleva FADEMGA Plena inclusión Galicia, a Unión de Consumidores de Galicia e o Consello Económico e Social de Galicia consideran a necesidade de trasladar a súa inquietude ás diferentes institucións e organismos competentes, para que se axilicen as adaptacións normativas necesarias así como a súa entrada en vigor e -entre tanto iso non se produza- que se manteñan os beneficios que na actualidade teñen ou ben sexan suspendidos os procedementos para evitar perdas de dereitos e danos severos e irreversibles ás persoas que ostentan unha declaración xudicial de incapacidade e ás súas familias.