Más Noticias

Escucha esta página utilizando ReadSpeaker

Os vindeiros 18, 19 e 20 de novembro Santiago de Compostela acolle o Encontro estatal de irmás, irmáns, cuñados e cuñadas de persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento.  

Organizado por Plena inclusión e FADEMGA Plena inclusión Galicia, o encontro será un espazo para pensar e reflexionar sobre o tipo de comunidades e de formas de convivencia que queremos no futuro próximo, ao tempo que visibilizamos o importante papel dos irmáns/ás e cuñados/as nas familias, nas entidades, no movemento asociativo e na sociedade. 

ONDE SE DESENVOLVERÁN AS ACTIVIDADES?

O Encontro terá lugar na Hospedería de San Martín Pinario (Praza da Inmaculada, 3, 15704 Santiago de Compostela).

BOAS EXPERIENCIAS

Unha das actividades protagonistas deste encontro será a recollida de boas experiencias relacionadas coa promoción da inclusión na comunidade e para elo queremos contar coa colaboración dos irmáns. Podedes enviarnos as vosas boas experiencias cubrindo este formulario, tendo de prazo ata o 20 de outubro.

COMO PODO INSCRIBIRME?

Todas as personas interesadas (familiares e profesionais) terán que inscribirse a través da súa asociación empregando o formulario que facilitamos. As asociacións enviarán este formulario cuberto e asinado por cada persona a FADEMGA (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.)

O último día para envialo será o 26 de outubro e a partir do día 27 confirmaremos as prazas e facilitaremos o número de conta para que cada persoa inscrita pague a cuota de ingreso

Nas seguintes ligazóns podes consultar a información ao completo sobre a inscrición, cuotas, prazos e mesmo o programa de actividades que terán lugar durante toda a fin de semana: 

- Programa do Encontro

- Información sobre como inscribirse, cuotas, aloxamento....

Inscrición

Ficha de experiencias

 

... A POLO ENCONTRO ESTATAL!

AGARDÁMOSTE!