Más Noticias

Escucha esta página utilizando ReadSpeaker

Como cada ano por estas datas, chega unha nova edición da nosa Convivencia Formativa de irmáns e irmás, cuñados e cuñadas de persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento.

Como ben sabedes, este ano celébrase un importante acontecemento en Galicia: o encontro de irmáns e cuñados estatal, e por este motivo a nosa xornada de convivencia xirará en torno a este magno evento! 

Aproveitaremos o día para preparar os contidos principais e as dinámicas do encontro estatal, formando aos asistentes para que se sintan seguros e preparados para presentar os contidos e participar nas dinámicas.

QUE TES QUE FACER PARA ASISTIR?

Ir á túa asociación, cubrir a preinscrición (que podes descargar AQUÍ) cos teus datos e asinala. A asociación enviará a preinscrición asinada ao correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.  

Cada persoa interesada cubrirá e asinará unha ficha de preinscrición. Non admitiremos preinscricións presentadas noutros formatos.

O prazo para achegar a preinscrición estará aberto ata o 14 de outubro. O 17 de outubro confirmaremos as prazas ás persoas interesadas. 

Se queres consultar o programa de toda a xornada preme nesta ligazón.