Dende marzo de 2020, cando se declara a situación de estado de alarma pola COVID-19, enfrentámonos a situacións sen precedentes. A pesar de que as consecuencias da pandemia son xerais, son as persoas que se atopan nunha posición máis vulnerable as que se están a ver máis afectadas. Este é o caso das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento e as súas familias.
Diferentes estudos afirman que:
- Un 63% de familiares que pasaron o confinamento coa persoa con discapacidade intelectual e do desenvolvemento experimentaron máis estrés e ansiedade debido á sobrecarga de coidado e a dificultades para conciliar a vida familiar e laboral.
- 1 de cada 3 familias de persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento afronta a situación actual con sobrecarga, estrés e grandes dificultades emocionais.
Este escenario fai necesaria a posta en marcha de accións para ofrecer ferramentas e estratexias de autocoidado as familias, e con este obxectivo xorde esta nova xornada, que tamén pretende ser un espazo de intercambio onde xerar novas relacións sociais e fomentar ferramentas positivas.
COMO PARTICIPAR
A xornada celebrarase o 7 de outubro no salón de actos de FADEMGA Plena inclusión Galicia. Nesta ligazón podes descargar o plan de traballo así como a inscrición, que terás que enviar debidamente cumprimentada a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. tendo e prazo ata o 30 de setembro.
Unha vez rematado o prazo de inscrición, confirmaremos praza vía mail.
** Actividade enmarcada no Programa de saúde mental e envellecemento, a cargo do 0´7 % do IRPF