Outra das novas actividades formativas que nos trae setembro será "Empoderando persoas: rol de apoio", destinada a coñecer diferentes claves de traballo en contornas comunitarias así como a entender as implicacións da participación e como promovela tanto nas nosas organizacións como na comunidade.
Esta formación desenvolverase en modalidade en liña entre 5 de outubro e o 30 de novembro e diríxese concretamente a profesionais de apoio a persoas nos seus plans de vida ou en activismo e participación comunitaria.
ADMITIDOS/AS
Preme nesta ligazón para consultar a relación de persoas admitidas