Ter unha visión global do apoio ás persoas con discapacidad intelectual e do desenvolvemento que teñen problemas de saúde mental é esencial para poder darlles os apoios axeitados no seu día a día. Se este apoio o prestamos a través dun enfoque bio-psico-social baseado na persoalización, as posibilidades de éxito serán maiores.
Con este fin poñemos en marcha esta nova formación sobre "Saúde mental e benestar emocional" que se desenvolverá entre o 1 e o 30 de outubro e no que abordaremos aspectos como a detección de trastornos de saúde mental, como desenvolver un proceso de avaliación adecuado ou a relación entre a saúde mental e os problemas de conduta entre outros.
ADMITIDOS/AS
Preme nesta ligazón para consultar a relación de persoas admitidas.