Co fin de dar resposta ás necesidades de formación do voluntariado que apoia a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, estamos a argallar unha nova xornada formativa que se desenvolverá os días 1 e 8 de outubro e na que abordaremos aspectos relacionados co empoderamento do voluntariado, coas habilidades de comunicación no desenvolvemento da súa acción e coa intervención con persoas con grandes necesidades de apoio.
A actividade está dirixida tanto a aqueles que desenvolven accións voluntarias con persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento como a quuenes queren iniciarse neste tipo de voluntariado.
Se estás interesado/a en mellorar as túas habilidades neste eido, non o dubides e anímate a participar! Para elo debes enviarnos cuberta e asinada a ficha de inscrición a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. tendo de prazo para facelo ata o 20 de setembro.
Nesta ligazón podes descargar toda a información sobre as xornadas.
* Actividade financiada pola Xunta de Galicia dentro do programa de Voluntariado.