Más Noticias

Escucha esta página utilizando ReadSpeaker

Ao longo de todo este ano estivemos a poñer en marcha un novo proxecto co fin de reflexionar e afrontar xuntos os novos retos que conleva o envellecemento das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Baixo o nome "Raíces", iniciamos este camiño a través de 4 sesións de traballo cos equipos motores de 5 entidades: Chamorro, Aspanaex, Aceesca, San Francisco e Aspronaga e co asesoramento do psicólogo Juan Carlos Morcillo. 

Nestas sesións tratamos de detectar e autoavaliar as diferentes situacións de especial complexidade que estaban a darse nas entidades, así como de acadar consensos sobre a mellor maneira de desenvolver un proxecto adaptado ao proceso de envellecemento de cada persoa.

Os froitos deste traballo serán presentados agora nesta xornada dirixida a profesionais, familias e persoas voluntarias interesadas en coñecer e reflexionar sobre os retos do envellecemento en persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento que terá lugar no Edificio CERSIA (Santiago de Compostela) o vindeiro 30 de setembro. 

Todas aquelas persoas interesadas en participar teredes que enviarnos debidamente cumprimentada a folla de inscrición a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., tendo de prazo ata o 23 de setembro. 

Nesta ligazón podes atopar toda a información sobre esta presentación. 

Esperamos sexa do voso interese e vos animedes a acompañarnos neste camiño! 

 

* Xornada realizada no marco do Programa de saúde mental e envellecemento activo (irpf autonómico)