Más Noticias

Escucha esta página utilizando ReadSpeaker

Co obxectivo de dotar ao colectivo da información e das ferramentas necesarias para unha busca activa de emprego así como para facilitar o seu acceso ao mercado laboral, abrimos a "Convocatoria de formación prelaboral 2022" que ademáis dos cursos básicos de formación, inclúe obradoiros específicos para a elaboración do curriculum vitae, aprender a abordar entrevistas de traballo, resolución de conflitos, brigadas de busca de emprego, manexo do euro ou habilidades comunicativas entre outros.

Esta convocatoria diríxese a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que se atopen ou queiran iniciar un proceso de busca activa de emprego. O número mínimo de alumn@s para os cursos é de 6 persoas, establecéndose un máximo de 10 e para os obradoiros específicos establécese un mínimo de 5 persoas e un máximo de 8.

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN

- Ter unha discapacidade intelectual certificada.

- Ser maior de 16 anos.

- Estar inscrito no Centro Colaborador do Servizo Público de Emprego de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

* * a inscrición neste servizo pode ser posterior á solicitude da acción formativa, e os técnicos de orientación desprazaranse ata entidade.

SOLICITUDE

Aquelas entidades interesadas deberedes remitir debidamente cumprimentada a ficha de solicitude a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., tendo de prazo ata o 23 de setembro de 2022. O período de execución das accións formativas terá lugar entre o 3 de outubro e o 23 de decembro de 2022.

A solicitude terá que ser realizada 7 días antes das datas desexadas para a impartición e a adxudicación dos cursos realizarase por riguroso orde de solicitude.

NOS SEGUINTES ENLACES PODES DESCARGAR:

Información sobre o Programa Formativo 2022

A ficha de solicitude