Más Noticias

Escucha esta página utilizando ReadSpeaker

 

 A Valedora do Pobo convocou no mes de xuño

dúas bolsas de formación 

para persoas con discapacidade intelectual

 

A Valedora do pobo é un organismo do Parlamento de Galicia

que traballa na defensa dos dereitos e liberdades

de todos os galegos e galegas. 

 

Unha bolsa é unha axuda económica

para facer formación ou investigación.

Neste caso, as bolsas son para realizar formación práctica

na Valedora do Pobo.

 

A Valedora do Pobo conta co apoio de FADEMGA Plena inclusión Galicia

para organizar estas bolsas.

 

Preme nesta ligazón para ler a convocatoria

en lectura fácil. 

 

Para ler o documento completo da convocatoria 

publicado no Diario Oficial de Galicia

preme nesta ligazón.