Más Noticias

Escucha esta página utilizando ReadSpeaker

Boas novas!

Despois do parón forzoso ao que nos vimos obrigados por mor da pandemia, por fin podemos decir que... volve o "Encontro autonómico de persoas autoxestoras"!! E faino ademáis celebrando a súa vixésima edición!

Como é habitual, os temas que protagonizarán o encontro estarán íntimamente ligados á actualidade, polo que falaremos sobre asistencia persoal, sobre a reforma da Lei da capacidade xurídica ou sobre a importancia que foron gañando as redes sociais na nosa vida. 

:: COMO PARTICIPAR

Neste enlace podes descargar xa a ficha de inscrición, que deberás enviar debidamente cuberta e asinada a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., tendo de prazo ata o 29 de xuño. 

E por suposto, se tes calquera dúbida, contacta con Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

CONTAMOS CONNVOSCO!

 


 

VERSIÓN EN LECTURA FÁCIL

 

Despois do parón que nos vimos obrigados a facer

a causa da crise da COVID-19

por fin podemos volver a celebrar

o Encontro autonómico de persoas autoxestoras.

 

Neste encontro falaremos sobre asistencia persoal

e tamén falaremos sobre a reforma da Lei de capacidade xurídica

e sobre redes sociais. 

 

Se premes nesta ligazón

podes descargar a ficha de inscrición

que debes enviar debidamente cuberta e asinada

a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

antes do 29 de xuño.