Más Noticias

Escucha esta página utilizando ReadSpeaker

O Programa de Muller da Federación está a organizar unha nova conferencia centrada na violencia de xénero e a discapacidade. Marina Marroquí, educadora social e especialista en violencia de xénero, será a responsable de impartir esta charla que terá lugar en modalidade telemática o vindeiro 14 de xuño ás 11:00 horas.

Este encontro oriéntase especialmente a mulleres con discapacidade intelectual, pero está aberto igualmente á participación de familiares ou profesionais que podan estar interesados/as. Se queres coñecer máis sobre Marina, preme nesta ligazón e atoparás varias das súas intervencións en programas como Salvados, charlas TED ou colaboracións coa Fundación ONCE.  

Aquelas persoas interesadas en participar, debedes enviarnos adxunta a ficha de inscrición a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., tendo de prazo ata o vindeiro 10 de xuño ás 15:00 horas. 

Nesta ligazón podes descargar o cartel do evento e a ficha de inscrición