Más Noticias

Escucha esta página utilizando ReadSpeaker

Con motivo do Día Internacional do Libro, FADEMGA Plena inclusión Galicia quere reivindicar o dereito á lectura e á cultura das persoas con discapacidade intelectual. Segundo a Organización Mundial da Saúde, 1 de cada 3 persoas ten dificultades de comprensión: trátase de persoas con discapacidade intelectual, maiores, persoas que non coñecen ben o noso idioma ou con baixa alfabetización... Todas elas necesitan apoios para poder entender o mundo que lles rodea e poder participar nel en igualdade de condicións que o resto de cidadáns.

Este ano a Federación pon o foco na necesidade de que a lectura fácil chegue tamén ás aulas, con contidos adaptados que faciliten o acceso a aprendizaxe daqueles escolares que contan con maiores dificultades (discapacidade intelectual, trastornos do espectro do autismo, TDAH…). Na maioría dos casos estes alumnos/as non contan con materiais adaptados que lles faciliten os contidos curriculares habituais, o que poden desembocar en último termo, no fracaso escolar.

Pero ademáis da presenza da lectura fácil no ámbito escolar, é importante que moitos outros ámbitos da nosa sociedade sexan accesibles; dende as leis ou as recetas médicas ata as noticias ou os diferentes formularios administrativos. Para elo, FADEMGA Plena inclusión Galicia leva anos traballando en ámbitos de todo tipo, con importantes colaboracións como a que temos actualmente coa Xunta de Galicia no ámbito da Xustiza para a adaptación de sentenzas e información xurídica, así como para impartir formación a profesionais, ou tamén coa Rede de Bibliotecas de Galicia para o fomento de clubs de lectura e para a inclusión de materiais adaptados nos catálogos de préstamo de libros.

Igualmente a Federación imparte periódicamente charlas informativas como a que terá lugar a vindeira semana no marco das xornadas organizadas polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e que estará dirixida a docentes de centros educativos galegos.

:: A Oficina de Accesibilidade Cognitiva Galega

Por outra banda, co fin de darlle o impulso definitivo á accesibilidade cognitiva na nosa comunidade, FADEMGA Plena inclusión Galicia ven solicitando ao goberno galego a necesidade de crear a Oficina de Accesibilidade Cognitiva, tal e como xa existe noutras comunidades como é o caso de Estremadura.

Unha reivindicación que cobra maior urxencia despois de que o Senado, na súa “Comisión de Políticas de Discapacidade” veña de ratificar a reforma da Lei Xeral de Discapacidade, que recolle a obriga de realizar un desenvolvemento normativo, así como estudos integrais e a creación dun Centro de Accesibilidade Cognitiva