Más Noticias

Escucha esta página utilizando ReadSpeaker

O pasado 29 de marzo presentabamos xunto ao Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia (COTOGA) a "Guía de produtos de apoio para a plena inclusión". 

Nesta presentación contamos coa participación de María Pilar Blázquez Ballesteros Presidenta do Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia (COTOGA), Sinda Blanco Lobeiras Subdirectora Xeral de Atención Primaria e Fernando González Abeijón Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia.

A “Guía de productos de apoio para a plena inclusión” foi elaborada polo Colexio Oficial de Terapeutas de Galicia e adaptada a lectura fácil fácil por FADEMGA, co obxectivo de facilitar a aquelas persoas con maiores problemas de comprensión lectora os diferentes produtos de apoio que existen no mercado e como estos poden facilitar a vida das persoas.

Na guía aparecen os produtos máis empregados e coñecidos, así como o seu funcionamento e nalgúns casos, as formas de elaborar na casa estas solucións que axudan a facer a vida das persoas con discapacidade máis sinxela. 

DESCARGA AQUÍ A GUÍA EN LECTURA FÁCIL

E AQUÍ A GUÍA NA SÚA VERSIÓN ORIXINAL