Más Noticias

Escucha esta página utilizando ReadSpeaker

O noso clásico "Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental" declarado de interese sanitario pola Consellería de Sanidade, renóvase este ano para adaptarse ás circunstancias sociosanitarias, pero non renuncia por elo a contar cos mellores profesionais no eido da saúde mental. 

Nunha sesión on line, que terá lugar o vindeiro 12 de novembro, contaremos con María José González Estévez, Médica no Servizo de urxencias do Hospital do Salnés, cun master en bioética e especialista universitaria en coidados paliativos, que nos falará sobre o "Marco bioético para a intervención en discapacidade intelectual", con Alberto Sánchez García, Psicólogo no departamento psiquiátrico infanto-xuvenil do Hospital de Eskilstuna (Suecia) e precursor en España do enfoque baixo afectivo (low arousal approach) que nos falará sobre "Contacto de baixa afectividade: xestión de problemas de conduta" e con Carmen Márquez e Rebeca Sevilla, profesionais da Asociacion BATA (Vilagarcía de Arousa) que nos falarán sobre a importancia dos apoios en contextos naturais. 

O prazo para realizar a vosa inscrición estará aberto ata o vindeiro 6 de novembro.

** A inscrición ó seminario terá un custo de 5 euros, o que vos permitirá recibir por correo ordinario o certificado de participación e un USB coas presentacións dos relatores e documentación de interese.

Podedes descargar a inscrición e programa da xornada NESTE ENLACE.