As organizacións para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento temos como obxectivo xerar oportunidades e apoios para que cada persoa poida gozar dunha vida plena e de calidade.
Para que as persoas con discapacidade intelectual podan perseguir os seus soños, debemos apoialos e axudalos a desenvolver competencias e habilidades necesarias.
A continuación preséntamosvos unha serie de obradoiros que permitirán ós participantes traballar e reforzar aquelas competencias e habilidades que os axudarán a ter unha vida plena.
Os obradoiros que levaremos a cabo son:
- Saúde e prevención de accidentes.
- Seguridade en redes sociais.
- Elaboración de textos en lectura fácil.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Podedes enviar as vosas solicitudes vía mail ao correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou ben por correo postal á dirección Vía Pasteur, nº53-A. Polígono do Tambre. 15890. Santiago de Compostela.
PRAZO
As solicitudes deberán estar na Federación como moi tarde o 11 de abril.
INFORMACIÓN DE INTERESE
As entidades interesadas en solicitar algún dos obradoiros deberán presentar, -debidamente cumprimentada- a Ficha de Solicitude.
A xunta directiva de FADEMGA Plena inclusión Galicia, valorará as solicitudes recibidas e resolverá a concesión dos obradoiros, despois do cal, comunicaremos a resolución ás entidades beneficiarias.
Tras a confirmación da solicitude, a entidade beneficiaria poderá ter que presentar unha Ficha de avaliación persoal das persoas que participarán no Obradoiro (isto dependerá do tipo de obradoiros solicitados).
No caso de que o perfil ou número de beneficiarios non se axuste ós establecidos nesta convocatoria, ou non se cumprimente a documentación de forma axeitada, a Federación poderá tomar a decisión de conceder o obradoiro a outra das entidades solicitantes.
Descarga aquí a información ao completo de tódolos obradoiros e como solicitalos.