Más Noticias

Escucha esta página utilizando ReadSpeaker

A cidade de Cáceres convértese os días 19 e 20 de outubro na "capital mundial" da accesibilidade coa celebración do I Congreso Estatal de Accesibilidade Cognitiva, que organiza Plena inclusión España e Plena inclusión Estremadura no complexo cultural San Francisco e no que participa un grupo de profesionais, familiares e persoas con discapacidade intelectual de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

Así o sinalaron na inauguración o presidente de Plena inclusión Estremadura, Pedro Calderón; o director de Plena inclusión España, Enrique Galván; a responsable da área de Accesibilidade Cognitiva, Olga Berrios; a membro de Plena inclusión, María Casado; e a deputada de Igualdade e Políticas Sociais na Deputación de Cáceres, Mari Fe Prata.

Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), unha de cada tres persoas da poboación mundial ten dificultades para comprender algúns tipos de información. Este colectivo inclúe a persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento, persoas maiores, estranxeiras con escaso dominio do idioma, con baixo nivel cultural ou nenos.

Por iso, durante dous días, expertos na materia explicarán os avances máis innovadores para facer un mundo "máis fácil" de comprender para todas as persoas. Para Galván, este congreso vai marcar un antes e un despois a "unha realidade que históricamente sufriu unha invisibilidade".

RELATORIOS, ENTREVISTAS E EXPERIENCIAS

Concretamente, neste encontro hai programados relatorios de expertos internacionais como o de Lisa Seeman (Israel), facilitadora do Grupo de Traballo de Accesibilidade para Discapacidades Cognitivas e de Aprendizaxe do Consorcio da Web (W3C), que falará das páxinas webs accesibles; e a austriaca Karoline Körner, coordinadora de Capito, que falará sobre o uso da lectura fácil en empresas e en administracións ademais de mostrar a App Capito, que difunde documentos a diferentes niveis de lectura fácil. Como expertos nacionais, está José Antonio León, catedrático de Psicoloxía na Universidade Autónoma de Madrid, que falará de como se comprende o que se le. Igualmente, realizaranse entrevistas a Óscar Pueyo do cooperativa Altavoz; Juan Carlos Barrado, da Junta de Estremadura sobre a Oficina Técnica de Accesibilidade e Lectura Fácil (OACEx); a Clara Delgado, do Centro de Referencia Estatal de Autonomía Persoal e Axudas Técnicas (Ceapat); a Jesús Hernández, da Fundación ONCE e a Pedro Núñez de Robolab.

Este encontro tamén da cabida a proxectos innovadores e pioneiros creados para facer a vida máis fácil a persoas con dificultades cognitivas. Entre estas experiencias están proxectos de teatro para adaptar obras, lectura fácil de documentos das actas dos concellos, adaptar a información do médico ou un dicionario de lectura fácil, entre outras, explicou Berrios.

Finalmente, Enrique Galván dixo que, a accesibilidade cognitiva ten que ter un lugar de referencia no ámbito lexislativo de España, unha definición na que se fale de con que pautas e con que metodoloxía pódese avanzar neste ámbito.