Más Noticias

Escucha esta página utilizando ReadSpeaker

A saúde é un aspecto clave na vida de calquera persoa, e máis no caso das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, que teñen unha maior predisposición a presentar enfermidades. A saúde non é só a ausencia de enfermidade, require ademáis de certo grado de satisfacción persoal, polo que conleva un compoñente subxectivo. Non podemos limitarnos a tratar os problemas de saúde, debemos anticiparnos ós mesmos co fin de evitar a súa aparición. Debemos promover organizacións saudables, un reto no que todos (persoa con discapacidade, profesionais e familias) temos que tomar conciencia e asumir responsabilidades.

Froito desta iniciativa, nace “Coidate – Cóida@” co obxectivo de poder falar e traballar sobre os diferentes aspectos da saúde, e que levamos a cabo grazas á financiación do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, a través das persoas que marcan a casilla da X Solidaria na súa declaración da renda. A alimentación, a hixiene dental, as emocións ou o concepto de REVISEP (Revisión de vida centrada en sucesos positivos) centrarán os principais temas do día.

Para elo acompañarannos Doña Rosaura Leis (profesora titutar de Pediatría e Coordinadora da Unidade de nutrición Pediátrica no Hospital Clínico de Santiago), o Dr. Jacobo Limeres Pose, odontólogo da Unidade de pacientes especiais da Facultade de Odontoloxía ou Jesús Merino (Mestre de secundaria e membro da Asociación de Filosofía para nenos.)

Como parte da xornada, tamén presentaremos a Guía en lectura fácil para axudar as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento a coidar a súa saúde, elaborada pola federación. Trátase da segunda edición de “CÓIDATE – CÓIDA@”, despois do éxito da primeira sesión, celebrada no mes de maio. Nesta ocasión, contaremos coa participación de 5 entidades (ADO, ASDEME, ASPAS, AMIPA e ASPNAIS) e un total de 31 persoas.