Más Noticias

Escucha esta página utilizando ReadSpeaker

Seguindo na nosa firme aposta pola promoción da lectura fácil, FADEMGA Plena inclusión Galicia organiza unha nova xornada centrada na difusión dos beneficios desta ferramenta e dos clubs de lectura fácil que están a emerxer nos últimos meses. Dita xornada terá lugar este venres, día 1, no Edificio CERSIA (Santiago).

Durante o día, presentaranse os obxectivos, beneficios e destinatarios da lectura fácil así como proxectos nos que se emprega esta metodoloxía.

A Lectura Fácil é un método de adaptación e redacción de textos, que fai accesible a información e a cultura, un dereito das persoas con dificultades de comprensión lectora, que aparece recollido na Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade da ONU do ano 2006 e que nos axuda a mellorar a accesibilidade cognitiva do entorno das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

En definitiva, é un sistema que nos sirve para comprender as ideas e opinións doutras persoas, participar de forma más autónoma na comunidade e acceder á literatura, a ciencia e a cultura. Dende a federación estamos a facer esforzos por fomentar entre entidades e organismos a metodoloxías da lectura fácil.

A xornada contará cun espazo onde se mostrarán Boas Prácticas de entidades que están a poñer en marcha novos proxectos centrados na lectura fácil, como a adaptación da obra “Os Nenos” de Xosé A. Filgueira, a cargo da asociación JUAN XXIII ou o proxecto de “Reporteiros en rede” da asociación JUAN MARÍA.

Dende a federación, agradecemos a colaboración da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago e o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, que a través do X Solidario, permite que estas xornadas sexan unha realidade.