Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia, queremos felicitar á asociación Aspnais, polos seus 50 anos de loita continua en favor dos dereitos das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
Importantes logros que neste medio século, conseguiron que se escoitara e se tivera en conta a voz das persoas, tanto as que forman parte de Aspnais como as de todo o movemento asociativo (persoas con discapacidade intelectual, pais, nais, irmáns, profesionais, directivos e voluntarios).
A asociación ASPNAIS leva pertencendo a federación dende fai 33 anos. Durante todo este percorrido pasaron persoas moi importantes ás que non queremos deixar de mencionar e de agradecer todo o traballo realizado, tanto en Aspnais como nesta federación. Grandes compañeiros e compañeiras como Ramiro, Pepe, Óscar, Carmela e especialmente a Conchita. Sen dúbida todos eles son un exemplo de constancia, implicación, esforzo diario e traballo,...
En nome do noso Movemento Asociativo de Familias, sentímonos privilexiados por poder traballar e coñecer a todas estas grandes personalidades que forman, formaron e sempre formarán parte de Aspnais e de todo o colectivo da discapacidade intelectual en Galicia.
50 anos é un gran percorrido que non está ao alcance de todos.
Esperamos e desexamos que se convertan noutros 50 mais para Aspnais e para todo o colectivo de Familias de Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia.