Más Noticias

Escucha esta página utilizando ReadSpeaker

 Unha vez realizado o estudo das entidades participantes neste proxecto, serán 12 entidades - incluída a propia Federación - as primeiras en adherirse á Central de “Compras Diversidade”.
 
Finalmente, o grupo queda composto polas asociacións de ASPADEX, AMICOS, AMIPA, ASPAS, ASPAS Emprego, CHAMORRO, ASPADISOL, BATA, JUAN MARÍA, ASPANAEX, SPECIAL OLYMPICS GALICIA e FADEMGA FEAPS GALICIA.
 
A entidade de Juan XXIII atópase actualmente en fase de estudo para formar parte do proxecto.


O Proxecto “Central de Compras da Diversidade” financiado polo Programa de Cidadanía Activa no marco do mecanismo financieiro EEA 2009-2014, ten por obxetivo dar os pasos iniciais para poñer en marcha procesos de centralización de compras nas asociacións de persoas con discapacidade intelectual de Galicia, Castela e León, Cataluña e Aragón, partindo da experiencia piloto existente en Madrid.
 
A media de aforro que se establece, oscila entre un 8% e un 10%, tendo en conta no aforro máximo que a súa vez estas compras poderían unirse a un proxecto de ámbito nacional e que polo tanto, poderían seguir aumentando de volume.
 
Para comezar coa implantación da Central o próximo día 25 de febreiro as 10.30 horas haberá unha sesión formativa en Santiago con tódalas entidades que se adheriron para explicarlles o funcionamento da aplicación informática.
 
A esta sesión asistirán Esther Quintanilla, Javier de Miguel e Luis Pastor, membros da Central de Compras, que serán os encargados de explicar o seu funcionamiento e resolver calquera dúbida ou cuestión que se lle queira plantexar. Despois desta sesión formativa farase unha visita por cada unha das entidades, empezando o mércores en Santiago e rematando o venres en Vigo.