Más Noticias

Escucha esta página utilizando ReadSpeaker

https://prepnsell.com/blog/2023/09/20/ig7gac07

No marco do noso proxecto de "Transformación Dixital para a Inclusión", estamos a buscar iniciativas novidosas que desenvolvades nas entidades, co fin de derrubar a fenda dixital que afecta ao noso colectivo.

https://www.deficitdao.org/2023/09/20/473a323c4

https://cafearabo.com/81fieko13z2

Tramadol 50Mg Buy Online Uk No marco do proxecto "Avante: Construíndo oportunidades para todas e todos a través do lecer mariñeiro," a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro desde REDEMAR comezou este mércores unha serie de saídas prospectivas programadas nas que participarán persoas autoxestoras de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

https://dinamizartj.com/g9uuta07

 

Co obxectivo de dotar ao colectivo da información e das ferramentas necesarias para unha busca activa de emprego así como para facilitar o seu acceso ao mercado laboral, abrimos a "Convocatoria de formación prelaboral 2023" que ademáis dos cursos básicos de formación, inclúe talleres específicos para a elaboración do curriculum vitae, aprender a abordar entrevistas de traballo, resolución de conflitos, brigadas de busca de emprego, manexo do euro ou habilidades comunicativas entre outros. A este amplo listado de talleres, sumamos este ano " https://www.ibericadron.com/0hrz9h369n Igualdade para o emprego" destinado a profundar no trato igualitario no ámbito laboral. 

Como sabedes, dende o 2022 temos en marcha o "Proxecto Raíces", chamado a guiar e dinamizar a equipos de organizacións, para que estes teñan as ferramentas que os axuden a detectar e autoavaliar as posibles situacións complexas que se perciben no día a día das entidades, ao tempo que reflexionamos sobre elo e acadamos consensos sobre a mellor maneira de desenvolver un proxecto global adaptado ao proceso de envellecemento da organización.

Setembro xa está aquí e chega cargadiño de novidades! Entre elas hoxe falámosche destas dúas novas ofertas formativas centradas no empoderamento das persoas con discapacidade intelectual e na saúde mental. Bota unha ollada!

O Proxecto de Transformación dixital para a Innovación comeza a dar os seus primeiros pasos coa organización dun curso destinado á mellora das competencias dixitais das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento. 

Esta formación busca capacitar ás persoas con discapacidade intelectual nas competencias recollidas no Marco Digcomp-2-2 así como mellorar a súa metacognición, autonomía e sociabilidade no eido dixital. Uns obxectivos que teñen como base a superación da fenda dixital do colectivo. 

Dende setembro de 2022, 500 persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento, 30 delas en Galicia, veñen de descubrir unha nova vía para derrubar as barreiras que aínda existen no seu acceso ao emprego.

Todo elo grazas ao proxecto de Emprego Persoalizado, unha iniciativa baseada na innovación social e liderada por Plena inclusión España, que contou con financiamento dos fondos europeos Next Generation e que se desenvolveu no marco do Plan de recuperación e Resiliencia baixo a coordinación do Ministerio de Inclusión e Seguridade Social.

Este ano estamos a organizar

o cuarto encontro anual de mulleres.

Este é un encontro presencial só para mulleres.

Despois do Encontro Estatal de irmáns que vivimos o pasado ano, retomamos a programación habitual de actividades para celebrar unha nova convivencia formativa, que nesta ocasión estará centrada en ofrecer un espazo onde irmáns e cuñados/as de persoas con discapacidade intelectual e do desenvovlemento podan expresar libremente as súas emocións e sentimientos.

A compañía Altia, especialista en tecnoloxías da información e consultoría de transformación dixital, acaba de doar a FADEMGA Plena inclusión Galicia un total de 15 equipos reacondicionados no marco da súa iniciativa Punto.tech. Josefina Fernández (Directora de Operacións) e Raquel Costas (coordinadora do equipo Altia in_Action) foron as responsables de facer entrega do novo equipamento, que axudará a reforzar o programa de Transformación dixital que a Federación comezou a desenvolver este ano.

Como caracteriza cada mes de xuño, FADEMGA Plena inclusión Galicia ven de celebrar a súa Asemblea Xeral Ordinaria, onde se deron cita directivos de 28 entidades membro co fin de avaliar o traballo realizado durante o ano 2022 e poñer a mirada nas actividades e proxectos que están por vir.

A morte está presente ao longo do ciclo vital de todas as persoas, sen embargo é un tema do que evitamos falar. Conversar con alguén sobre a morte contribúe a que nos enfrontemos ao medo, en lugar de fuxir del; pero para elo é necesario sentirse comprendido e sen medo ao xuizo sobre as nosas opinións. Este é o obxectivo deste obradoiro: ofrecer claves e estratexias para xerar espazos nos que ofrezamos as persoas a oportunidade de expresar e compartir os seus sentimientos, dúdidas e inquietudes sobre a morte, espazos nos que romper o tabú que supón falar da morte e escoitar diferentes opinións.

Baixo o lema de “Enredando inclusión e sustentabilidade”, Plena inclusión España e Plena inclusión Castela e León organizan dende este xoves unha nova edición do Congreso Estatal de Boas Prácticas do movemento asociativo que nesta ocasión lugar en Valladolid.Galicia estará presente no encontro coa participación dunha delegación formada por 11 persoas procedentes de ASPRONAGA (A Coruña), JUAN MARÍA (Nigrán), AMICOS (Ribeira) así como da propia Federación.

 

Temos en marcha un novo obradoiro

de Coidados do corpo feminino.

O obradoiro impárteo a xinecosexóloga Carol Strate.

O Conselleiro de Sanidade, Julio Garcia Comesaña, e o presidente de FADEMGA, Eladio Fernández Pérez, asinaron esta mañá en San Lázaro un convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (FADEMGA Plena inclusión Galicia), para a realización de actividades de sensibilización, mellora da comunicación e promoción da saúde mental coas persoas con discapacidade intelectual no Sistema Sanitario Público de Galicia.

Reducir a fenda dixital que impide acceder a dereitos básicos a centos de miles de persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento é un dos obxectivos principais do proxecto Transformación Dixital para a Inclusión. Esta ambiciosa iniciativa, na que participará FADEMGA Plena inclusión Galicia ao carón doutras 7 Comunidades Autónomas, nace co apoio dos fondos europeos Next Generation, conta cun orzamento de 1.836.000 euros e ten como horizonte temporal o 31 de decembro de 2023.

O 15 de maio celébrase o Día Internacional das Familias, unha data importante para o noso Movemento Asociativo que dende a Federación queremos poñer en valor coa publicación da “ Guía de benvida” a novos familiares, un documento co que buscamos achegar ás asociacións unha serie de consellos de cara a realizar a acollida de novas familias.

A pasada semana finalizaban a serie de obradoiros de dixitalización postos en marcha a través da colaboración entre a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) e AEDIGAL (Patronal galega da discapacidade intelectual e do desenvolvemento) destinados a promover a dixitalización e a sustentabilidade das entidades da discapacidade intelectual co fin de dar novos pasos no eido da transformación dixital e sostible dentro do colectivo.

 

Contar con programas adaptados a lectura fácil, colexios electoráis coa sinalización adecuada, ou mensaxes máis comprensibles, son algunhas das principais reivindicacións do colectivo de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento para este ano electoral, co obxectivo de garantir o dereito á participación na vida política de todas as persoas, sen discriminación.

Os días 9, 10 e 11 de xuño, a Rectoral de Romeán (Lugo) acollerá unha convivencia destinada a realizar obradoiros formativos a través do teatro. 

Este domingo, coincidindo coa celebración do Día do Libro, a Federación facía públicas as persoas gañadoras do 3º Certame de relato curto, destinado a promover a creación literaria entre as persoas con discapacidade intelectual así como a promover a adaptación a lectura fácil dos contidos culturáis.

En marcha unha nova edición do curso "Ética para valentes" para aprender a avaliar e xestionar os dilemas e conflitos éticos que se poden dar no noso traballo diario.  

O programa de Cidadanía Activa da Federación

saca a convocatoria para as sesións

de Pensamento Libre 2023.

Dende a Federación abrimos a convocatoria para a participación en dous novos seminarios, centrados nesta ocasión na educación sexual.

O dó e un proceso necesario e unha reacción normal a perda dunha persoa ou de algo importante na vida; algo que todos, máis tarde ou máis cedo, viviremos. Todos reaccionamos ante unha perda ao noso propio ritmo; pero todas as persoas que sofren unha perda importante, comparten diversas emocións e sentimientos, todas elas normais e polas que deben aprender a transitar.

Este é o obxectivo deste obradoiro, acompañar ás persoas a través da arte, a transitar polas diferentes emocións e sentimientos que se poden experimentar ante unha perda importante.  

Atentas todas! Temos en marcha 3 novas formacións para mulleres:

Dúas para mulleres con discapacidade intelectual,

e unha para profesionais (homes e mulleres) do movemento asociativo. 

A continuación dámosche información sobre cada unha:

O Servizo Galego de Saúde ven de publicar este luns a listaxe definitiva das persoas con discapacidade intelectual adxudicatarias das prazas correspondentes ao posto de pinche de cociña con grandes resultados para quenes estiveron a prepararse a través de FADEMGA Plena inclusión Galicia, posto que 32 das 39 prazas ofertadas foron para persoas que estiveron a recibir apoios da Federación. Concretamente por delegacións, 9 persoas resultaron adxudicatarias de praza en Santiago, 9 en Coruña, 4 en Lugo, 5 en Ourense e outras 5 en Vigo.

Asemade, no referido á categoría de Tramadol Sverige Online técnico de farmacia, do total das 5 prazas adxudicadas 3 son tamén para usuarios/as da Federación (recaendo 2 prazas en Santiago de Compostela e 1 de Vigo).

Conscientes de que a creación e o fomento dunha contorna laboral diversa e inclusiva contribúe de forma esencial á consecución dos obxectivos da Federación, FADEMGA Plena inclusión Galicia ven de asinar coa representación sindical (CCOO, UGT e CIGA) o primeiro Plan de Igualdade que nos permitará continuar fomentando os principios de igualdade de oportunidades e diversidade dos equipos de traballo, potenciar a presenza de mulleres e reforzar as medidas de conciliación da vida persoal e profesional.

Co obxectivo de visibilizar o talento das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e de promover a lectura e a escritura, FADEMGA Plena inclusión Galicia convoca o Terceiro certame de relato curto en lectura fácil. 

Neste ano 2023

volven os nosos encontros de mulleres

e por fin volven a ser presenciais.

O obradoiro de apoio ao voto

quere axudar ás persoas

a recordar as cousas máis importantes

sobre as votacións.

 

Xa tedes dispoñible a documentación necesaria para solicitar o Programa de respiro familiar 2023 destinado a proporcionar medios facilitadores para que as familias de persoas con discapacidade intelectual podan afrontar o seu día a día, ofrecéndolles unhas xornadas de descanso e tranquilidade.

Xa está en marcha unha nova edición do Curso "Sistemas alternativos de comunicación" destinado a profesionais que dan apoio a persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento, e centrado en coñecer a importancia do uso dos Sistemas Aumentativos de Comunicación (SSAAC) nas persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento e saber cales se axustan máis ás necesidades de cada unha.

Order Tramadol Overnight Delivery

A bolsa de persoas auditoras... que é?

A bolsa de persoas auditoras é unha rede de contactos de auditores e auditoras internas de calidade das entidades federadas. Inscribíndose, as persoas auditoras póñense a disposición para auditar internamente a outra entidade e solicitar que alguén da bolsa lles realice a auditoría interna.

A patronal AEDIGAL continúa coas formacións en igualdade froito do Convenio de colaboración asinado coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Co obxectivo de fomentar unha maior comprensión da contorna dentro do cárcere, FADEMGA Plena inclusión Galicia e o Centro Penitenciario da Lama estivemos a colaborar na adaptación a lectura fácil da información relativa ao funcionamento do Programa PAIEM, que se leva a cabo Módulo 5 do cárcere; un espazo que ten como obxectivo a reinserción das persoas con problemas de saúde mental e das persoas con discapacidade intelectual e que contén plans individualizados de rehabilitación, onde se recolle información sobre cada persoa, como por exemplo, como se relaciona cos compañeiros ou como xestiona as emocións.

Despois do Encontro celebrado en Santiago o pasado mes de novembro, quixemos reflexionar sobre como poderíamos xerar novos espazos de participación nas entidades e animar aos irmás e irmáns a formar parte do día a día das súas asociacións.

Ofrecer bos apoios e xerar oportunidades de calidade para as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias require planificar unha serie de estratexias, basadas en valores e no empoderamento de cada persoa, co fin de axudala a construir o seu propio proxecto de vida. 

O Servizo Galego de Saúde ven de publicar este mércores a listaxe de puntuacións provisionais da fase concurso para as prazas correspondentes aos postos de pinche de cociña e de técnico/a de farmacia, en ambos casos con grandes resultados para as persoas aspirantes que estiveron a prepararse a través de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

 

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia continuamos un ano máis co noso Servizo Xurídico, orientado a informar e aconsellar ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias nas dúbidas de carácter legal e xurídico que podan ter en temas como a adopción de medidas de apoio á capacidade xurídica (a denominada anteriormente como tutela), a elaboración do testamento, ou o patrimonio protexido. Un recurso se cabe máis necesario durante o 2023, despois da entrada en vigor da reforma civil e procesal en materia de discapacidade.  

O responsable da Rede Nacional de Calidade Plena, Santos Hernández, participou este martes na posta de largo en Galicia do novo Modelo de Calidade Plena, chamado a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, pero tamén a mellorar a calidade na xestión das nosas organizacións.

Despois da súa presentación oficial o pasado mes de outubro, o novo sistema de "Calidade Plena" celebra a súa posta de largo en Galicia, coa xornada que terá lugar o vindeiro 20 de decembro no Hotel Oca - Porta do Camiño de Santiago de Compostela. 

O vindeiro 19 de decembro, celebraremos en Vigo un novo taller centrado na intelixencia, nos coidados, na comunicación e na xestión emocional, destinado a persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento. 

Hermanos/as y cuñados/as de personas con discapacidad intelectual, se han reunido este fin de semana en Santiago para celebrar su Encuentro Estatal. A la cita, desarrollada en la Hospedería de San Martín Pinario (Santiago de Compostela), asistieron cerca de un centenar de representantes de 43 asociaciones procedentes de 12 comunidades autónomas.

Máis de 100 persoas autoxestoras de toda Galicia reuníronse este venres en Lalín durante o seu 20º Encontro Autonómico, co fin de defender e visibilizar ás persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento, así como para formarse sobre aqueles aspectos relacionados co colectivo.

Como continuación da colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e AEDIGAL estase a organizar a formación " Order Tramadol Cod Igualdade e corresponsabilidade nos procesos de traballo en entidades de atención a persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento de Galicia" . Trátase do segundo curso dun conxunto de cinco formacións sobre igualdade que terán lugar nos vindeiros meses. 

O vindeiro 25 de novembro a Facultade de Psicoloxía da USC en Santiago de Compostela acollerá a 16 edición do Seminario de discapacidade intelectual e saúde mental, que cada ano reúne a profesionais de toda Galicia coa finalidade de difundir os avances e desafíos no ámbito da discapacidade, ao tempo que proporcionamos un foro de encontro e discusión aberto a profesionais, voluntarios e estudantes que se están formando, traballan ou prestan apoios no ámbito da discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento.


A Confederación Plena inclusión presentou hoxe en Bilbao o seu novo sistema de “Calidade Plena”, que afecta ás 950 entidades que compoñen o movemento asociativo e que tamén se ofrece a outras organizacións de España (e mesmo a outros países) para a mellora do seu traballo e a súa sustentabilidade.

O programa de atención a mulleres con discapacidade intelectual,

oferta unha nova formación de coidados do corpo feminino.

 

Despois do comunicado enviado este martes para dar a coñecer o incumprimento do prazo no que debía poñerse en marcha o Concerto Social, a Xunta de Galicia recibiu aos representantes da federación para intentar desatascar esta situación que mantiña paralizada a posta en marcha do Concerto, convocándonos a unha nova reunión que terá lugar o 28 de outubro.