Curso: "Comunicación Aumentativa e Alternativa a través da Linguaxe Natural Asistida"

Federación Autismo Galicia

Datos Generales:

Categoría: Varios

Docente: Claudia Adelina Benegui

Dirigido a: Profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia e demais profesionais de apoio terapéutico dos servizos socio-sanitarios.

Presencial: si

Lectura fácil: no

Cuando: Sábado, 25 maio 2024. De 9:30h  a 14h e de 15:30h. a 19h.

Enlace del curso: https://www.autismogalicia.org/index.php?&PHPSESSID=f2sosbmkrcoe10dtjgkc8heus5&V_dir=MSC&V_mod=shownews&idn=3885&PHPSESSID=f2sosbmkrcoe10dtjgkc8heus5&&V_idmod=121&id=3885

Descripción

Os sistemas aumentativos e alternativos da comunicación (SAAC) son formas de expresión distintas á linguaxe falada, que teñen como obxectivo aumentar e /ou compensar as dificultades de comunicación e linguaxe de moitas persoas.

Existen moitos tipos de SAAC pero podemos dividilos en aqueles que non necesitan axuda, ou aqueles que si a necesitan. Son os sistemas de comunicación con axuda, os que en este curso nos ocupan.

Por onde empezo?. Como sei cal é el máis acertado para unha persoa en concreto?. Está a persoa preparada para usar estes dispositivos?. Como empezar cando xa teñen un dispositivo?. Para que persoas? Nós usamos PECS, podemos empregar isto tamén? Que requisitos ten que ter a persoa autista?

A eficacia da tecnoloxía aplicada á Comunicación Aumentativa e Alternativa (CAA) está demostrada. En este curso reúnese a información máis importante para levar a cabo a implementación de un SAAC mediante alta tecnoloxía, da forma máis efectiva.

Este curso de Federación Autismo Galicia será o sábado 25 de maio de 9:30h  a 14h e de 15:30h a 19h na sede A Fundación en Santiago de Compostela, cun total de 30 prazas e con inscricións ata o martes 7 de maio ás 12h. 

*Actividade recoñecida de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Curso: "Comunicación Aumentativa e Alternativa a través da Linguaxe Natural Asistida"