Accesibilidade Cognitiva en Contornas Comunitarias
Prazo de inscrición aberto ata o 18 de outubro
Datos Generales:
Categoría: Accesibilidade
Docente: Plena inclusión Extremadura
Precio: 10 euros
Dirigido a: Formación dirixida a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e profesionais interesados en formarse como avaliadoras de contornas.
Presencial: si
Lectura fácil: si
Cuando: 6 e 7 de novembro
Descripción
CONTIDOS XERAIS DA FORMACIÓN
-
Presentación da xornada formativa.
-
Características das persoas con dificultades cognitivas.
-
Dificultades das persoas na súa interacción coa contorna.
-
Accesibilidade e deseño universal. Principios xerais.
-
Accesibilidade Cognitiva: concepto, principios e normativa.
-
Avaliación cognitiva de contornas e servizos.
-
Metodoloxía existente.
-
Modelo de avaliación.
-
Práctica. Avaliación cognitiva da contorna comunitaria elixida.
-
Recollida e análise da avaliación e posta en común entre os grupos.
METODOLOXÍA
Esta formación terá parte teórica e parte práctica.
A formación teórica será diferenciada
para as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento
e as persoas profesionais.
O motivo é que os contidos son diferentes segundo a persoa destinataria.
A parte práctica realizarase de maneira conxunta
e terá como obxectivo trasladar os contidos adquiridos na parte teórica
a unha contorna real.
HORARIOS
Mércores 6: 10:00 a 14:00 e 16:00 a 18:30
Xoves 7: 10:00 a 14:00 e 16:00 a 18:00
PREZO
Cada persoa terá que pagar 10 € para poder participar na formación.
Este prezo inclúe a comida dos 2 días, que se realizará nun lugar próximo ao lugar onde se levará a cabo a formación.
Os 10€ non se pagarán ata que se confirme a praza.
INSCRICIÓNS E PRAZO
O prazo de inscrición estará aberto ata o 18 de outubro, sendo este o último día para facer a inscrición.
Para poder apuntarse a esta formación
é necesario que de cada asociación que teña interese en participar
se apunte un mínimo de 1 persoa con discapacidade e 1 persoa profesional,
podendo ser máis.
Nesta formación terán preferencia
as persoas que forman parte da Rede de Accesibilidade Cognitiva de Galicia.
SE TEMOS ALGÚNHA DÚBIDA?
Para calquera aclaración podedes enviar un correo a areasocial@fademga.org
ou chamar ao teléfono 981 51 96 50 e preguntar por Irene ou Loli.