En FADEMGA Plena inclusión Galicia formamos parte da Confederación Plena inclusión (Confederación Española de Organizacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual) e tamén somos membros do CERMI GALICIA (Comité Galego de Representantes de Persoas con Discapacidade). O CERMI Galicia aglutina a representación das persoas con discapacidade e instrumenta a súa participación e a defensa e promoción dos seus dereitos ante os poderes públicos e a sociedade civil. O seu obxectivo é representar ás entidades de persoas con discapacidade da comunidade autónoma de Galicia que o constitúen, ante os seus diferentes órganos gobernamentais e outras instancias públicas e privadas desta comunidade, en relación coa problemática propia do colectivo representado.
Ademáis, tamén temos representación nas seguintes institucións:
- CERMI Estatal (Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad)
- Membro da Asociación Empresarial para la Discapacidad (AEDIS): patronal maioritaria no sector da atención a persoas con discapacidade. Agrupa a máis de 220 asociacións e entidades, de todo o territorio nacional, que ofrecen apoios a persoas con discapacidade, e propón modelos de xestión de recursos persoais, desde a esixencia que supón integrar máis de 15.000 persoas traballadoras que xeran apoios para o cumprimento da misión do movemento asociativo.
- Somos promotores da patronal AEDIGAL (Asociación empresarial para a discapacidade intelectual e do desenvolvemento de Galicia)
Premios e mencións
- Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia (2011)
- Premio de "Redacción médica" por Acción en RS (2017)
- Medalla ao Mérito Social do C.P Pereiro de Aguiar (2018)
- Recoñecemento de Boa Práctica admirable do libro "A accesibilidade dos museos: visións e perspectivas"
- Inscrita no rexistro central de Asociacións da Xunta de Galicia co nº 2005/147-2 (SC).
- Inscrita no rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia co nº E-45.
- Recoñecida como entidade de carácter social pola Axencia Tributaria.
- Declarada de Utilidade Pública.
- Certificado o Servizo de Respiro Familiar e nos catro servizos da Área de Emprego e Formación coa ISO 9001:2008 (empresa auditora AENOR). A versión da norma a “ISO 9001:2015”)