Conócenos

Escucha esta página utilizando ReadSpeaker

 A DISCAPACIDADE INTELECTUAL

A discapacidade intelectual non é unha enfermidade, senón a consecuencia dunha patoloxía, que nalgúns casos require un tratamento médico específico. Trátase pois dun conxunto de dificultades que poden e deben ser afrontadas familiar, social e técnicamente, de xeito global.

A discapacidade intelectual e só unha característica máis dalgunhas persoas, por iso deben ser aceptadas e respetadas tal e como son, por ser cidadáns de pleno dereito, e non só pola súa condición de persoas con discapacidade.

A persoa con discapacidade intelectual ten dereitos e deberes, evoluciona e necesita relacionarse con persoas sen discapacidade. Para elo só necesita apoios individualizados que lle permitan exercer os seus dereitos, cumprir as súas obrigas, e en definitiva, facer posible a súa condición de cidadán.

Neste sentido, a familia e as asociacións son os apoios necesarios para conseguir a súa inclusión plena na sociedade.

Cómpre engadir que proporcionando os apoios individualizados axeitados calquera persoa pode mellorar a súa vida e acadar así a súa plena inclusión na sociedade. 

Nos seguintes enlaces podes atopar máis información: 

Definición de discapacidade intelectual

Preguntas frecuentes sobre a discapacidade intelectual

Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social (lectura fácil)

Os 9 Horizontes de Plena inclusión

Os Fins de Plena inclusión

¡PARTICIPA! Guía de participación das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento