Colaboradores

Escucha esta página utilizando ReadSpeaker

Mostrar Lectura Facil 

FADEMGA recibe o apoio de entidades públicas e de entidades privadas no seu traballo. Esta colaboración axuda a poñer en marcha moitos proxectos e ter os centros das entidades en boas condicións. Fademga agradece esta colaboración e apoio.



FADEMGA Plena inclusión Galicia conta coa inestimable colaboración de entidades públicas e privadas na realización da súa labor a prol das persoas con discapacidade intelectual de Galicia. A colaboración da Administración e das distintas entidades que apoian a FADEMGA e ás entidades que a integran é importantísima de cara a poñer en marcha proxectos, levar a cabo programas, e ofrecer uns centros cunhas instalacións óptimas para as persoas con discapacidade intelectual.

FADEMGA Plena inclusión Galicia, en nome do movemento asociativo de familias e das propias persoas con discapacidade intelectual, agradece esta colaboración e apoio sen o cal moitos progresos e proxectos non serían posibles.