|
Ás 10 da mañá comezaba no Hotel Puerta del Camino, en Santiago de Compostela, o Foro “Persoas con discapacidade: capacitadas para o emprego”, onde interviu o Presidente de Fademga Feaps Galicia Julio Cortiñas e a Presidenta de ASPANAS, Maruxa Román Vázquez.
A inauguración do foro, organizado por El Correo Gallego, correu a cargo da Conselleira de Traballo e Benestar Dna Beatriz Mato, quen destacou a “necesidade de crear un mercado laboral inclusivo e integrador”. Tamén fixo referencia ás iniciativas que a Xunta de Galicia está a levar a cabo no eido do emprego, recordando que o departamento autonómico está a debater, no diálogo social, o Plan autonómico de emprego 2010-2013, que inclúe un plan específico dirixido a persoas con discapacidade ou en risco de exclusión.
|
|
Ler máis...
|
|
O Centro Colaborador do Servizo Público de Emprego promovido por Fademga Feaps Galicia cumple o luns 19 de xullo 10 anos de intensa actividade.
|
|
Ler máis...
|
|
O Presidente de FADEMGA FEAPS GALICIA intervirá o vindeiro mércores 21 de xullo no a xornada Persoas con discapacidade: capacitadas para o emprego, que se celebrará no Hotel Porta de Camiño de Santiago de Compostela.
Este foro debaterá cuestións como o fomento do acceso ao emprego e a inclusión das persoas con discapacidade e contará coa participación de entidades que traballan no ámbito da discapacidade, como Fademga, Aspace Galicia, Aspanas, Cegasal, Down Galicia ou Cogami entre outras, así como de representantes da Consellería de Traballo e Benestar ou do Ministerio de Sanidade e Política.
Todos os asistentes terán a oportunidade de expor ás administracións públicas e aos empresarios as súas reivindicacións e demandar medidas efectivas que contribúan a incrementar a taxa de emprego neste colectivo.
A asistencia a esta xornada é gratuíta até completar o aforamento, aínda que se recomenda unha inscrición previa.
Inscrición
Programa da xornada
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 5 - 8 de 78 |