|
FADEMGA FEAPS GALICIA asistiu este martes, á firma do Plan Galicia Saudable, dirixido á promoción entre a cidadanía de novos hábitos saudables, así como dun estilo de vida máis activo.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que a finais deste ano “máis do 50 por cento da poboación estará dentro do ámbito de actuación e comprometida co Plan Galicia  Saudable”.
O titular da Xunta presidiu esta mañá a presentación e sinatura desta Declaración, un texto que reflicte por escrito “os compromisos para unha mellora nas condicións de todos, dos nosos mozos e dos nosos maiores”. Quedou así certificada a adhesión de concellos, deputacións, universidades ou asociacións, aos principios do Plan Galicia Saudable, cun desafío concreto: “conseguir a maioría dos galegos realicen cada día polo menos 30 minutos de actividade física moderada, de acordo coas recomendacións da OMS”, indicou.
|
|
Ler máis...
|
|
|
O presidente de FEAPS, Juan Cid, enviou unha carta á ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, reclamando a permanencia do incremento da axuda sobre o salario mínimo interprofesional para as persoas con maiores dificultades de empregabilidade, en liña coas reivindicacións expostas desde o Comité de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI).
|
|
Ler máis...
|
|
|
• “A cidadanía pode decidir o destino dunha parte dos seus impostos”
• “Marcar o cadro de Fins Sociais é un xesto solidario que non custa nada”
Representantes de Organizacións non Lucrativas Galegas presentamos este venres día 4 de maio a Campaña X SOLIDARIO que cada ano leva a cabo o sector solidario para concienciar ás/aos contribuíntes sobre a necesidade de marcar o cadro de Fins Sociais na declaración da renda e contribuír así co 0,7% da súa cota íntegra a programas dirixidos aos colectivos máis desfavorecidos.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 37 - 40 de 152 |