Lista de correo

Usuario 

mail 



Buzón de Suxerencias
info xx1
Sistema Evaluación de la Calidad Feaps
specialOlympics
Inicio
Advertisement
Destacadas
CONVOCADO O PROGRAMA DE ENVELLECEMENTO 2010

Como en anos anteriores, o Ministerio de Sanidade e Política Social, a través dos Programas subvencionados polo IRPF, aprobou a solicitude presentada a través de FEAPS para executar durante o ano 2010 o Programa de Envellecemento.

Coa presente convocatoria, queremos ofrecer a posibilidade de ser beneficiarios do programa a aquelas entidades federadas interesadas no mesmo.

O PRAZO para a presentación de solicitudes do programa rematará o día 1 de febreiro, e a documentación para solicitalas podedes atopala nestes enlaces: FICHA DE SOLICITUDECERTIFICADO
 

FORMA DE INSCRICIÓN:

Podedes enviar a vosa solicitude mediante Correo Postal, e-mail ou FAX.

Correo Postal: Vía Pasteur 53 - A, Polígono do Tambre. 15890. Santiago de Compostela.

E-Mail:

FAX: 981 519 651

 

Nos enlaces que aparecen a continuación poderedes atopar toda a información necesaria:

PROGRAMA ENVELLECEMENTO

CRITERIOS A TER EN CONTA

 


Ler máis...
 
CONVOCADO O PROGRAMA DE VACACIÓNS DO IMSERSO 2009/2010

Dende FADEMGA Feaps Galicia pretendemos lograr a máxima integración persoal e social das persoas con discapacidade intelectual mediante a realización de quendas de vacacións.

Para iso potenciamos aspectos como as relacións interpersoais ou a amizade co fin de lograr unha maior calidade de vida, pois, como calquera outro individuo, as persoas con discapacidade intelectual precisan gozar de períodos vacacionais fora da súa rutina diaria, permitíndolles descansar e pasar uns agradables días en compañía de amigos ou familiares. Esto permítelles á vez, establecer novas relacións persoais.

O Programa de Vacacións do IMSERSO réxese pola Convocatoria do Ministerio de Sanidade e Política Social

A Convocatoria para o Programa de Vacacións do IMSERSO 2009/2010 xa saíu publicada e dende o Departamento de Lecer de FADEMGA FEAPS GALICIA facilítanse todos os documentos necesarios ás entidades para solicitar o devandito programa.

 Esta nova convocatoria oferta en principio 6 viaxes ( 2 quendas a Gran Canarias, 2 quendas a Tenerife, 1 a Palma de Mallorca e 1 a Ibiza)

Para acceder a toda a documentación necesaria pincha no seguinte link: DOCUMENTACIÓN IMSERSO 2010

ACTUALIZADO: añadimos os novos destinos á Península.

 

 

 

 

 

 
FADEMGA FEAPS GALICIA E CAIXA GALICIA, 47.000 EUROS PARA A MELLORA DA CALIDADE DE VIDA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL DE GALICIA
Esta cantidade será empregada na adquisición de novos vehículos que faciliten a mobilidade das persoas con discapacidade intelectual

convenio_caixa_galicia_09.jpgSantiago, 14 de decembro de 2009; O Presidente de FADEMGA FEAPS GALICIA, Julio Cortiñas López, e o director de Caixa Galicia, José Luís Méndez, veñen de asinar un convenio de colaboración entre ámbalas dúas entidades mediante o cal Caixa Galicia, dentro do seu programa de promoción e actividade social, concede a FADEMGA FEAPS GALICIA a cantidade de 47.000 euros para a adquisición de novos vehículos furgonetas adaptados ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual, ás cales FADEMGA presta servizos.

Grazas a este convenio, FADEMGA FEAPS GALICIA poderá engadir estes novos vehículos ao seu parque automobilístico; vehículos que se adquiren para ceder ás asociacións federadas dando así resposta ao proxecto deseñado pola Federación baixo o nome de ‘O servizo do transporte ao alcance de tod@s’, e que permitirá axudar a eliminar as barreiras coas que a diario se atopan as persoas con discapacidade intelectual e facilitando o seu acceso a actividades de ocio, tempo libre, emprego ou formación, entre outras moitas.

Con este proxecto, FADEMGA FEAPS GALICIA pretende paliar a problemática existente nos servizos de transporte tanto públicos como privados. Búscanse mellorar a accesibilidade das persoas con discapacidade intelectual aos centros e servizos, conseguindo así un pleno desenvolvemento persoal, laboral e social dos beneficiarios. Ao mesmo tempo, conseguirase paliar dificultades propias da fisionomía galega, como pode ser a dispersión xeográfica das nosas vilas e aldeas, coa conseguinte dificultade de comunicación que conleva.

Con esta colaboración, que xa é habitual entre ámbalas dúas institucións, permítese facilitar o transporte diario das persoas con discapacidade intelectual das súas respectivas casas ás entidades federadas aumentando así a participación dos usuarios das mesmas en todas as actividades programadas polos centros aos que asisten, así como aumentar a súa socialización.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 33 - 36 de 78