O pasado mes de decembro tivo lugar en Sada o IX Encontro de Autoxestores, organizado pola Asociación APACESCO e por Fademga Feaps Galicia. Os autoxestores aproveitaron esta ocasión para reivindicar o seu dereito a decidir por sí mesmos. Froito deste Encontro, os autoxestores chegaron a unha serie de conculusións entre as que se encontran:
"Aprender a vivir só", significa "ser responsable", "non depender da familia, pero contar sempre co seu apoio" e "asumir responsabilidades". Pero vivir só tamén implica responsabilidades, entre as que se contan: "controlar os gastos", "saber relacionarse coa xente", "saber asumir as tarefas da casa", "coidar a hixiene" e "contar co apoio da familia"
"Respecto de decisións". Os autoxestores aboradaron a problemática de que moitas veces non se respetan as súas decisións. Na maioría das ocasións esto é debido a que "as familias ou monitores teñen medo do que nos poda pasar; de que nos equivoquemos ou nos sudeda algo". "Non nos escoitan, non nos fan moito caso, ou simplemente PORQUE NON NOS PREGUNTAN" e tamén "porque non sempre somos responsables, e por iso, non se fían de nós". En referencia ao respecto de decisións os grupos de autoxestores tamén concluíron que "todos temos dereito a decidir, aínda que ás veces teñamos que recibir axuda ou apoios". Para que se respeten as súas decisións concluén que " temos que pedir que respecten o noso dereito a decidir por nós mesmos, temos que pedir que nos escoiten, nos pregunten e nos deixen falar. Que conten con nós e nos dean a OPORTUNIDADE de decidir. Para elo tamén temos que ser responsables e saber cando pedir axuda, dialogar coa familia e cumprir coas nosas obrigas"
"QUEREMOS QUE ESTAS CONCLUSIÓNS SE FAGAN CHEGAR ÁS FAMILIAS, PARA QUE NAS NOSAS CASAS SEPAN O QUE TRABALLAMOS NOS ENCONTROS E QUE PODEN CONFIAR EN NÓS. CREMOS QUE ISTO FARÁ QUE PODAMOS DECIDIR UN POUCO MÁIS CADA DÍA"
Como cada ano, despois da realización do Encontro Autonómico de Autoxestores, unha nova asociación creará o seu grupo coa axuda de Fademga.
A entidade que o fará no 2010 será AGASFRA de Vigo. Esta asociación ven desenrolando actividades baseadas nos modelos de calidade de vida de FEAPS, como no ámbito do ocio, por exemplo, onde as persoas con discapacidade deciden o que queren facer.
Inicialmente o novo grupo contará cun número de entre 11 e 15 autoxestores,máis unha persoa de apoio.
Dende a Federación faise o seguimento de todos os grupos existentes (que actualmente pasan a ser 16) prestando un apoio especial ao novo grupo que empeza a súa andaina e que, ademáis, será o organizador do X Encontro Autonómico.
Ademáis de AGASFRA, as asociación ACEESCA (de Porriño) e ASPANAEX (de Vigo) tamén se presentaron á Convocatoria que fixo a Federación, amosando un gran interese por crear o seu propio grupo de autoxestores. Por elo, dende aquí queremos felicitar a estas entidades pola súa iniciativa e animalas a seguir participando.
As Asociacións as que pertencen os grupos de autoxestores actualmente son: Juan XXIII (Pontevedra), ASPRONAGA (A Coruña), ASPNAIS (Lugo), Ntra. Sra. de Chamorro (Narón), PRODEME (Monforte de Lemos), ASPACE (A Coruña), APADER (Cedeira), AMIPA (Padrón), ASPAS (Santiago de Compostela), Valle Miñor (Nigrán), APACESCO (Betanzos), AGASFRA (Vigo) e ASPADEX (Cee) que conta con 4 grupos.
Dende a Federación pretendemos mellorar a atención que reciben as persoas con discapacidade intelectual e trastornos da saúde mental asociados (trastornos mentais e/ou alteracións de conduta). Con esta finalidade, creose hai xa 5 anos o Grupo de traballo sobre Trastornos Mentais e/ou Alteración de Conduta, centrado en mellorar a abordaxe na atención que reciben as persoas con outras necesidades asociadas á discapacidade intelectual e compartir experiencias con outros profesionais, de xeito que sexa posible unha aprendizaxe conxunta, avanzando tanto nas intervencións como no traballo realizado.
Por elo, ábrese a convocatoria para que aqueles profesionais interesados teñan a posibilidade de incorporarse ao Grupo.
PARA FORMAR PARTE DO GRUPO DE TRABALLO, que conta xa con25 membros de 18 asociacións federadas e 1 coordinadora, adxuntamos a documentación a presentar: FICHA DE PROFESIONAIS e COMPROMISO DE CONFIDENCIALIDADE
Podedes enviar a documentación á sede da Federación, mediante correo ordinario:
Vía Pasteur, 53 A
Polígono Industrial do Tambre
15890, Santiago de Compostela
PARA ENVIAR CASOS AO GRUPO DE TRABALLO, o prazo está aberto todo o ano.
Na Folla de Rexistro de Datos recollense os aspectos fundamentais para
comezar a valorar casos enviados por calquera das entidades federadas,
para unha posteior valoración conxunta e determinación de posibles
liñas de intervención. FOLLA DE REXISTRO DE DATOS
Os casos pódense enviar mediante correo ordinario ou ben mediante correo electrónico. As direccións son: