|
A Asociación Juan XXIII
, de Pontevedra, foi convidada a participar nunhas xornadas formativas
para profesionais organizadas por FEVAS (Federación Vasca de
Asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual) co fin
de debater a aplicación do modelo de calidade de vida nunha entidade.
O pasado luns 29 de marzo, Mª Carmen Puga e Teresa Lagos viaxaron a
Gasteiz en representación da asociación para amosar a súa experiencia
na implantación do modelo e do sistema de avaliaciación de Calidade Feaps.
Na súa intervención, destacaron a importancia de afrontar novos retos
con entusiasmo, de manter unha vontade constante de mellorar e de
conseguir o compromiso de todos os implicados no proceso.
|
|
|
O pasado venres 26 de febreiro, na Xunta Directiva celebrada en Toledo, FEAPS aprobou a decisión de nomear Presidente Juan Cid, até agora Presidente de FEVAS. Cid releva no cargo a Pedro Serrano, que ocupou a Presidencia desde novembro de 2001.
Juan Cid, de 52 anos de idade, pai dun mozo con Trastorno do Espectro Autista, incorporouse ao ámbito asociativo en 1992, cando entrou a formar parte da Xunta Directiva de Gautena, que é a Entidade Guipuscoanade Autismo. En 2003 pasou a ser Vicepresidente da Entidade e no ano 2005 Presidente. En 2006 accedeu á Presidencia de FEVAS e posteriormente foi vogal da Xunta Directiva de FEAPS, que agora preside.
Esta substitución na Presidencia da organización enmarcouse na celebración do Congreso Toledo 10 , celebrado na capital manchega durante os días 26, 27 e 28 de frebreiro. Este evento culminou un ano de reflexión do Movimento Asociativo FEAPS, no que 7.500 persoas debateron e deseñaron as principales liñas estratéxicas da organización do futuro, a través de máis de 10.000 ideas e achegas.
|
|
|
Un ano máis, xa está dispoñible o programa do Servizo de Respiro Familiar, destinado a proporcionar medios facilitadores para que as familias de persoas con discapacidade intelectual podan afrontar mellor o seu día a día, ofrecéndolles unha xornadas de reposo e tranquilidade.
Entre os beneficios que aporta este tipo de servizo, cabe destacar o feito de que facilita a permanencia no entorno familiar da persoa con discapacidade intelectual, evitando así a súa inclusión en programas de maior custe tanto económico como social. Ademáis tamén prevén situacións de crise familiar ou persoal, favorece dinámicas familiares e de parella normalizadas e evita o desarraigo e deterioro das familias favorecendo a integración no medio e a solidariedade cidadá para coas persoas con discapacidade intelectual.
SEGUIR LENDO...
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 25 - 28 de 78 |