Lista de correo

Usuario 

mail 



Buzón de Suxerencias
info xx1
Sistema Evaluación de la Calidad Feaps
specialOlympics
Inicio
Advertisement
Destacadas
FEAPS ACORDA UNHA NOVA MISIÓN

Xurdida a partir dun amplo debate de toda a organización, a redacción definitiva da nova Misión de FEAPS foi ratificada oficialmente na Asemblea Extraordinaria celebrada o pasado 10 de abril.


A misión di textualmente: “A misión do Movemento FEAPS é contribuír, dende o seu compromiso ético, con apoios e oportunidades, a que cada persoa con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e a súa familia poidan desenvolver o seu proxecto de calidade de vida, así como a promover a súa inclusión como cidadá de pleno dereito nunha sociedade xusta e solidaria”. 

Para descargar o documento explicativo desta misión e das súas implicacións, preme no seguinte ligazón.

 
O PRÓXIMO SÁBADO 8 DE MAIO CELEBRARASE UNHA NOVA XORNADA DE FAMILIAS

 

 

Ler máis...
 
PROGRAMA ADULTOS SOS E ENVELLECEMENTO 2010

Un ano máis dende  FADEMGA FEAPS GALICIA,  grazas ao Ministerio de Sanidade e Política Social,  que a través dos programas subvencionados polo IRPF, aprobou a solicitude presentada a través de FEAPS, así como a Xunta de Galicia, que aportou a súa colaboración a través dos programas de cooperación, foi posible  realizar unha nova convocatoria do Programa de “Adultos Sós ” e “Envellecemento ”.

Neste chamamento, e como ven sendo habitual,  destacou o interese das entidades por participar en ambos programas, e así o demostraron as solicitudes presentadas.

Tras a finalización do prazo de presentación de peticións, e un período para o estudio e valoración da documentación presentada polas diferentes entidades, a Xunta Directiva decidiu, na reunión celebrada o pasado 8 de abril, que as entidades beneficiarias na convocatoria do 2010 sexan as que se detallan a continuación:

  - Programa “Adultos Sós 2010”: ASFAVAL de Vilamartín de Valdeorras (Ourense)

  - Programa “Envellecemento 2010”: ASPRONAGA   de A Coruña


Sendo conscientes do interese amosado por outras entidades, así como polo esforzo  que supuxo a cumprimentación e presentación da documentación requerida, queremos facer mención de todas as entidades presentadas:  

  - Programa “Adultos Sós”: AMICOS DO BARBANZA de  A Coruña, ASPANAEX de Vigo e ACEESCA de Porriño (Pontevedra).

  - Programa “Envellecemento”:AMICOS DO BARBANZA de A Coruña, JUAN XXIII de Pontevedra, ASPANAEX de Vigo e ASFAVAL de Vilamartín de Valedoras (Ourense).


Agardamos que o feito de que non  fosen estimadas como beneficiarias non supoña unha desilusión e animámolas a seguir participando en vindeiras convocatorias.

 

 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 21 - 24 de 78