Lista de correo

Usuario 

mail 



Buzón de Suxerencias
info xx1
Sistema Evaluación de la Calidad Feaps
specialOlympics
Inicio
Advertisement
Destacadas
FADEMGA FEAPS GALICIA MANIFESTA O SEU DESACORDO ANTE OS RECORTES DA LEI DE AUTONOMÍA PERSOAL

 

Fademga Feaps Galicia, Federación de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia, manifesta o seu desacordo ante os recortes da cobertura da Ley de Autonomía Persoal e Atención a Persoas en Situación de Dependencia, anunciados polo Presidente do Goberno, ao suprimir os efectos retroactivos das prestacións económicas desta Lei.

A modificación anunciada perxudica a moitas persoas con discapacidade intelectual, un colectivo particularmente vulnerable, que está a esperar dende fai meses un recoñecemento que non se ten producido pola lentitude coa que numerosas CC.AA están a tramitar esta Lei.

Dende Fademga Feaps Galicia, defendemos os dereitos consolidados e adquiridos polos beneficiarios, confiando que este recorte só sexa de aplicación ás persoas en situación de dependencia que entren no sistema a partir da modificación legal que aprobará o Goberno.



 
PRESENTADA EN GALICIA A CAMPAÑA DA X SOLIDARIA
FADEMGA FEAPS-GALICIA,xunto a outras ONG galegas, presentó o pasado mércores 5 de maio  en Santiago de Compostela a Campaña que cada ano leva a cabo o sector solidario para para pedir aos contribuíntes que marquen a X Solidaria na súa declaración da renda.

Co obxectivo de seguir aumentando o número de contribuíntes que apostan por marcar o cadro de Fins Sociais, FADEMGA, COGAMI, A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento, a Fundación Secretariado Gitano, a Confederación de Centros de Desarrollo Rural e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia,  únense este ano de novo para reforzar a información dirixida á cidadanía baixo o lema Non te esquezas. Marca a X Solidaria.

O sector solidario impulsor desta Campaña considera vital que, nun contexto de crise financeira que actualmente afectados aos colectivos máis vulnerables e desprotexidos, se sega incrementando a recadación da cota íntegra dos contribuínte para Fins Sociais.

 
ABERTO O PROCESO DE ELABORACIÓN DO NOVO LEMA DE FEAPS

FEAPS abriu un proceso para participar na elaboración dun novo lema que sintetice de xeito directo e sinxelo a misión recentemente acordada.


Todos os que formamos parte do movemento asociativo podemos achegar a nosa proposta a través da seguinte ligazón:

Proposta novo lema FEAPS

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 17 - 20 de 78