Lista de correo

Usuario 

mail 



Buzón de Suxerencias
info xx1
Sistema Evaluación de la Calidad Feaps
specialOlympics
Inicio
Advertisement
Destacadas
O PRESIDENTE DE FADEMGA, ASISTIU A UN DEBATE DE CORREO TV SOBRE DISCAPACIDADE
Julio Cortiñas, Presidente de Fademga Feaps Galicia, asistiu o martes 1 de xuño ao debate sobre discapacidade organizado polo programa O Faladoiro, de Correo TV.
No debate tamén estiveron presentes o presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto, o secretario xeral de Cogami, Ignacio Rodríguez, e o presidente de Feafes Xosé Ramón Girón.
Durante a tertulia tratáronse temas de diversa índole como as fontes de financiamento, o problema da pouca visibilidade social do colectivo ou as prioridades de cada entidade á hora de ofrecer servizos ás persoas con discapacidade.
Podedes ver o debate a través do seguinte enlace:
Tertulia sobre discapacidade en O Faladoiro  

 
FADEMGA ORGANIZA UN CURSO SOBRE ENVELLECEMENTO DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL PARA PROFESIONAIS DO SECTOR
A sede central de FADEMGA FEAPS GALICIA en Santiago de Compostela acollerá os próximos días 9, 10 e 11 de xuño o Curso de Envellecemento das Persoas con Discapacidade Intelectual destinado ao persoal laboral contratado por entidades que traballan no ámbito da discapacidade.


Ler máis...
 
A XVI XORNADA AUTONÓMICA DE FAMILIAS DE FADEMGA REÚNE A 200 FAMILIAS DE TODA GALICIA
Esta foi a a primeira vez que unha Xornada de Familias estivo dedicada integramente  á calidade de vida.

O pasado sábado, 8 de maio, FADEMGA FEAPS GALICIA celebrou na cidade de Santiago de Compostela a súa XVI Xornada de Familias. Nela, 200 FAMILIAS de Galicia puideron coñecer máis de preto o modelo de calidade de vida asumido polo movemento asociativo FEAPS e ideado por R. Schalock e M.A. Verdugo.

A Xornada contou cun equipo excepcional que axudou ás familias a comprender que é a calidade de vida e as dimensións que a conforman. Pola mañá, Enrique Galván encargouse de quentar motores facendo unha presentación que explicaba o modelo de calidade de vida e o que as familias ían facer ao longo da xornada: profundar en cada unha das dimensións da calidade de vida a través de obradoiros. Nestes obradoiros, as familias tiveron a oportunidade de analizar os aspectos máis relevantes para elas en cada unha das dimensións da calidade de vida, e desta forma,  facer un exercicio de empatía e trasladar a necesidade e a importancia de desenvolver cada unha delas cos seus familiares con discapacidade intelectual.



Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 13 - 16 de 78