Lista de correo

Usuario 

mail 



Fademga Facebook
Twitter
Buzón de Suxerencias
Boletín INFO XXI
Calendario 2010
Pictotraductor
proxectocofinanciado
Ministerio
PROXECTO_COFINANCIADO_2
PROXECTO_COFINANCIADO1
Fondos publicos
Fondos publicos 2
Fondos publicos 3
Calidade FEAPS
Banner hermanos 2013
Inicio

Advertisement
Destacadas
Xornada de Familias 2013: reivindicacións e inquietudes: os novos retos de futuro

 

FADEMGA pon en marcha novamente a Xornada de Familias, que se celebrará o vindeiro 8 de xuño e que este ano estará protagonizada pola Participación

 

Este é o ano da participación en FEAPS por moitas razóns:

 

· Porque agora, dadas as circunstancias, necesitamos un movemento asociativo forte.

· Porque é preciso abrirnos á sociedade para que nos acolla e nos defenda.

· Porque temos que dar oportunidades de participación reais ás persoas con discapacidade intelectual nas nosas asociacións.

· Porque hai que recuperar, modernizar e intensificar a actividade asociativa.

Nesta Xornada queremos celebrar a participación e a implicación dos/as irmáns/as e cuñados/as no movemento asociativo. Unha implicación que está collendo forza tal e como puidemos comprobar no I Encontro de Irmáns e Cuñados que celebramos na Federación o pasado 23 de febreiro, ao que asistiron 80 persoas. Os irmáns contarannos a súa experiencia neste Encontro.

 

Podes descargar a través da seguinte ligazón tódala información e a inscrición para participar na Xornada: Documentación Xornada de Familias 2013


Ler máis...
 
O movemento asociativo FEAPS aposta pola discriminación positiva das persoas con discapacidade con especiais dificultades de inserción laboral
Con motivo do Día Internacional dos/as Traballadores/as, o Movemento Asociativo FEAPS, a Asociación para o Emprego (AFEM) e a Asociación Empresarial para a Discapacidade (AEDIS) apostan, máis que nunca, pola discriminación positiva no ámbito laboral das persoas con maior dificultade de empregabilidade, entre as que se atopan aquelas con algunha discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. Estas organizacións consideran necesario introducir medidas que favorezan o dereito a un traballo digno e de calidade deste colectivo especialmente vulnerable.

Nos últimos anos, o sector da discapacidade ven soportando unha continua redución dos fondos públicos provintes do orzamento destinado á inserción laboral das persoas con discapacidade. Ademais, no “Novo marco de programación e avaliación das políticas activas de emprego” que propón o Ministerio de Emprego e Seguridade Social (que en definitiva supón unha reforma do actual sistema de financiamento), as persoas con discapacidade non se atopan entre os destinatarios das medidas para colectivos especialmente afectados polo desemprego, que é un dos catro obxectivos prioritarios para 2013. Esta situación crea no sector máis incerteza aínda sobre a garantía dos fondos públicos destinados a financiar os programas de emprego e, por tanto, a creación e mantemento dos postos de traballo. Todo iso únese ademais á práctica desaparición do emprego con apoio, así como das estruturas e profesionais que até agora o facían posible.

Ler máis...
 
ONGs galegas presentamos a campaña do IRPF para fins sociais: "X SOLIDARIO"
 
Este martes, representantes de Organizacións non Lucrativas Galegas presentamos a Campaña X SOLIDARIO que cada ano leva a cabo o sector social, para concienciar ás persoas contribuíntes sobre a necesidade de marcar o cadro de Fins Sociais na declaración da renda, e contribuír así co 0,7% da súa cota íntegra a programas dirixidos aos colectivos máis desfavorecidos.

No acto de presentación da Campaña X Solidario, coordinada polas principais plataformas galegas que representan ás ONGs, participaron Anxo Queiruga, Presidente do CERMI Galicia, María Paz, Vicepresidenta da Coordinadora de ONGD, Carlos Rosón, Secretario da Rede contra a Pobreza, EAPN-Galicia e dúas persoas que participan en programas financiados con cargo á asignación tributaria do IRPF.

O ano pasado recadáronse en Galicia a través do cadro para Fins Sociais 14,1 millón de euros. Se todos os contribuíntes galegos marcaran o recadro de fins sociais destinados aos proxectos para as persoas máis desfavorecidas a cantidade final ascendería a 26 millóns de euros.

Así se trasladou durante a presentación da campaña “X Solidario 2013” que tivo lugar en Santiago de Compostela.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 4 de 152