| "Máis de 100.000 razóns para loitar!" |
|
FEAPS fai público un Manifesto titulado "Máis de 100.000 razóns para loitar", en referencia ás máis de 100.000 persoas con discapacidad
No documento, FEAPS identifica graves riscos na
sustentabilidade dos apoios e servizos ofrecidos polas súas
organizacións ás persoas con discapacidade intelectual ou do
desenvolvemento; a supervivencia dos seus centros especiais de emprego
e de 30.000 de postos de traballo de persoas con discapacidade
intelectual ou do desenvolvemento; a cobertura do citado SAAD; a
inclusión destas persoas no ámbito da educación; ou o sobreesforzo que
terán que facer as súas familias neste novo contexto económico.
Ante todas esas situacións, FEAPS fai un chamamento á unidade do seu movemento asociativo e de toda a cidadanía en xeral, e afirma que os recortes e falta de pagamentos das administracións públicas, así como as novas medidas expostas polo Goberno, supoñen "unha flagrante vulneración de dereitos recoñecidos na Constitución Española e na Convención da ONU sobre dereitos das persoas con discapacidade". Xunto a iso, o documento afirma que as persoas e organizacións de FEAPS están a esforzarse para que a crise non afecte oas colectivos que representan, e seguir cumprindo "cunha responsabilidade que corresponde en última instancia ao Estado, e que este nos derivou". E afirma: "mentres unha soa persoa con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento se atope nunha situación que lle avoque á marxinación ou á pobreza, seguiremos loitando por ela". Para terminar, o manifesto di que esta reivindicación de FEAPS "é tarefa de todos os cidadáns e cidadás deste país", porque forma parte da procura dunha sociedade máis xusta e solidaria para todos. |