|
FADEMGA Feaps Galicia está integrada en FEAPS (Confederación Española de Organizacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual) e tamén forma parte do CERMI (Comité Galego de Representantes de Persoas con Discapacidade).
FEAPS
Confederación Española de Organizacións a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual.
Dende a Confederación coordínanse os seguintes programas:
• Para as persoas con discapacidade:
- Voluntariado
- Grupos de Autoxestores,
- Reclusos e exreclusos
- Adultos sós
- Desvantaxe social
- Envellecemento
- Vacacións
- Formación
• Para as familias
- Apoio
- Respiro familiar
• Para os traballadores:
- Formación continua
CERMI GALICIA
Canaliza a representación das persoas con discapacidade e instrumenta a súa participación e a defensa e promoción dos seus dereitos ante os poderes públicos e a sociedade civil. Nace co obxectivo de representar ás entidades de persoas con discapacidade da comunidade autónoma de Galicia que o constitúen, ante os seus diferentes órganos gobernamentais e outras instancias públicas e privadas desta comunidade, en relación coa problemática propia do colectivo representado.
Ademáis, temos representación nas seguintes institucións:
A nivel Estatal:
- Membro do Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad - CERMI Estatal.
- Membro da Asociación FEAPS para el Empleo – AFEM:
asociación patronal que representa a 98 centros especiais de emprego (CEE) repartidos por todo o territorio nacional, que dan traballo a máis de 5.000 persoas con discapacidade. O seu obxectivo é promover e potenciar as alternativas que xeren emprego estable e de calidade para as persoas con discapacidade intelectual. Isto tradúcese nunha presenza constante en todos os foros de decisión, estudo e debate promovidos desde FEACEM , CEPES , CERMI e as administracións públicas.
- Membro da Asociación Empresarial para la Discapacidad (AEDIS): patronal maioritaria no sector da atención a persoas con discapacidade. Agrupa a máis de 220 asociacións e entidades, de todo o territorio nacional, que ofrecen apoios a persoas con discapacidade, e propón modelos de xestión de recursos persoais, desde a esixencia que supón integrar máis de 15.000 traballadores que xeran apoios para o cumprimento da misión do movemento asociativo. AEDIS é recoñecida como a organización maioritaria na negociación colectiva, forma parte do *CERMI e do Consello Nacional da Discapacidade.
A nivel Autonómico:
- Membro do Consello Galego de Servizos Sociais.
- Membro do Consello Galego da Discapacidade.
|