Coñecenos
Valores | Valores |
|
A discapacidade intelectual e só unha característica máis das persoas con discapacidade intelectual por iso deben ser aceptalas e respetadas tal e como son. A familia e as asociacións son os apoios necesarios para conseguir a súa integración plena na sociedade.
A DISCAPACIDADE INTELECTUAL A discapacidade intelectual non é unha enfermidade, senón a consecuencia dunha patoloxía, que nalgúns casos require un tratamento médico específico. Trátase pois dun conxunto de dificultades que poden e deben ser afrontadas familiar, social e técnicamente, de xeito global. Non é unha característica exclusiva do individuo, senón que forma parte do compendio de características propias de calquer individuo. De ahí que as persoas con discapacidade intelectual sexan valoradas e aceptadas por ser cidadáns e non sólo pola súa condición de persoas con discapacidade intelectual. A persoa con discapacidade intelectual, como suxeto con características propias, ten dereitos e deberes, evoluciona e necesita relacionarse con persoas sin discapacidade. Para elo só necesita apoios individualizados que lle permitan exercer os seus dereitos, cumpli-las súas obligacións, e en definitiva, facer posible a súa condición de cidadán. A FAMILIA A familia é a base afectiva e emocional da persoa con discapacidade intelectual, así como o principal recurso para a súa integración na comunidade, e ésta só é posible si antes prodúcese dita integración no seno da propia familia. O movemento asociativo FEAPS configurase como un grupo de axuda mutua onde o apoio e a participación dos membros, a democracia, a calidade, a interrelación co entorno, a cooperación e o sentimento de pertenza constituen elementos fundamentais do movemento. DEREITOS DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OS MESMOS DEREITOS Tanto as persoas con discapacidade intelectual como aquelas sen discapacidade intelectual teñen necesidades e dereitos comúns. Non só especiais. UNHA EVOLUCIÓN A persoa con discapacidade intelectual, en tanto que persoa, é un ser en evolución permanente que medra e se desenvolve, con necesidades cambiantes, polo que ten pouco sentido prolongar a infantilización da súa figurana idade adulta. Tal infantilización é unha merma nos seus dereitos como persoa. UN PAPEL ACTIVO NA SOCIEDADE Todas as persoas con discapacidade intelectual deben ser recoñecidas polas aportacións positivas que poder facer ás súas familias e ás súas comunidades. Son persoas útiles que teñen un papel social que desempeñar. PRECISAN RELACIÓNS PERSOAIS Todas as persoas con discapacidade intelectual deben tert acceso a servizos e apoios que posibiliten o exercicio do seu dereito a gobernarse a sí mesmas e promocionen a súa condición de cidadáns. APOIOS INDIVIDUALIZADOS Cada persoa con discapacidade intelectual é diferente a outra, como sucede co resto das persoas, polo tanto os servizos e apoios deben ser individualizados de maneira que respecten as diferenzas culturais e étnicas, as capacidades, as necesidades específicas e as circunstancias persoanis. O deber da sociedade consiste en proporcionar opcións, non impor solucións estándar. INCLUSIÓN Todas as persoas con discapacidade intelectual son capaces de vivir satisfactoriamente nas súas comunidades naturais e ser membros delas (estar incluídas), se se lles proporcionan os apoios que precisan. O MOVEMENTO ASOCIATIVO XIRA EN TORNO A A SOLIDARIEDADE O feito asociativo significa que as persoas asociadas han de actúar en común para aportar solucións á globalidade do colectivo, ao tempo que deben traballar xunto a outros grupos que actúan no campo da discapacidade ou outros sectores sociais. A XUSTIZA As demandas das entidades do movemento FEAPS non han de ser esixencias arbitrarias, senón plantexamentos baseados en dereitos. Neste senso, han de ser demandas xustas baseadas no principio da igualdade de oportunidades e, en consecuencia, as asociacións deben reivindicar determinadas actitudes sociais que, en ocasións, poden implicar discriminación positiva. A CALIDADE O movemento FEAPS volca a súa actividade na orientación á calidade. Esta actitude é resultado do compromiso ético de estar sempre na brecha da mellora continua, como único xeito de combater incercias que conlevan, en ocasións, situacións non desexadas. A TRANSPARENCIA O Movemento FEAPS ten unha ética na súa actuación que implica transparencia na súa xestíón e honradez nos seus comportamentos. A INTERRELACIÓN CO ENTORNO Como entidades abertas, as asociacións son conscientes de que a súa realidade está inmersa nunha realidade máis ampla. As entidades FEAPS compoñen, na súa maioría. un movimento familiar, pero quere, ademais, comprometer á maior parte dos cidadáns sensibles á situación do colectivo de persoas con discapacidade intelectual. En consecuencia as asociacións son entidades abertas á colaboración pública. A ORIENTACIÓN AO CLIENTE As asociacións FEAPS centran os seus esforzos na búsqueda da mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias. calquer actividade ou recursos non orientado, directa ou indirectamente, a esa finalidade, sen ter en conta as expectativas individuais, son considerados un despilfarro. A UNIVERSALIDADE Ao movemento FEAPS, no seu conxunto, e a calquera das súas asociacións membros, lles interesa todo o que lles ocurre a todas as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias, non só os seus "atendidos" ou "asociados", e ofrece ou reivindica alternativas de solución das súas necesidades. O LIDERAZGO COMPARTIDO As entidades deben sobrevivir aos seus líderes. Este debe ser un valor do movemento FEAPS e nas súas organizacións debe exercerse un liderazgo compartido e distribuido en orde aos distintos papeis das entidades e das persoas que as conducen ou xestionan. O liderazgo debe exercerse desde a convicción de que todo o mundo ten algo que aportar. A CUALIFICACIÓN E INNOVACIÓN As asociacións do movemento saben o que fan e cómo o fan: progresivamente se están convertendo en organizacións sociais cualificadas, organizacións que aportan innovación, que son capaces de estimular novos comportamentos sociais, de alentar novas técnicas e propiciar un mellor e máis xusto desenvolvemento social. A EFICIENCIA As asociacións han de ser eficaces nos seus cometidos e socialmente útiles; ser austeras nos medios e ambiciosas nos fins. O movemento FEAPS, actúa tamén como harmonizador eficiente dos esforzos humanos. A AXUDA MUTUA O movemento FEAPS configúrase como un grupo de axuda mutua onde o apoio entre os membros constitúe un dos elementos fundamentais. INDEPENDENCIA O movemento FEAPS, debe ser autocrítico coas súas actuacións, o que lle lexitina para ser crítico coas actuacións alleas, á vez que lle impide adoptar calquer dependencia política xa sexa de forma coxuntural ou continuada. A COOPERACIÓN As asociacións do movemento FEAPS han de estar orientadas tamén á búsqueda de solucións dos problemas de outras asociacións e non só dos seus socios e usuarios, buscando tales solucións comúns en espazos comúns de coordinación ou de federación. O SENTIDO DE PERTENZA Sen sentido de pertenza non hai un movemento cogesionado. Nas entidades de FEAPS é un valor que os socios se sinta membros e copropietarios dunha asociación, que unha asociación se sinta membro e partícipe dunha federación e ésta dunha confederación. A PARTICIPACIÓN Sen participación non hai asociacionismo, non hai democracia, non hai transparencia, non hai comunicación, non hai sentido de pertenza, non hai calidade... Non hai proxecto asociativo sen a participación de todos. O movemento FEAPS considera a participación dos familiares, das persoas con discapacidade intelectual, dos profesionais, dos voluntarios dos socios... máis que un valor, un eixo básico de desenvolvemento.
|