Lista de correo

Usuario 

mail 



Fademga Facebook
Twitter
Buzón de Suxerencias
Boletín INFO XXI
Calendario 2010
Pictotraductor
proxectocofinanciado
Ministerio
PROXECTO_COFINANCIADO_2
PROXECTO_COFINANCIADO1
Fondos publicos
Fondos publicos 2
Fondos publicos 3
Calidade FEAPS
Banner hermanos 2013
Inicio

A Confederación FEAPS móstrase razonablemente satisfeita coa adaptación normativa á Convención sobre Dereitos das Persoas con Discapacidade
FEAPS valora positivamente o esforzo do Goberno na adaptación de boa parte da lexislación española á Convención Internacional sobre dereitos das persoas con discapacidade. Un esforzo que se traduciu no Proxecto de Lei recentemente tramitado polo noso Parlamento, e que supón importantes avances para as persoas con discapacidade en ámbitos como a Saúde, o Emprego, a relación coas administracións públicas, a igualdade de oportunidades, o acceso á función pública,  ou a accesibilidade. Todo iso modificando, en aspectos concretos, vinte leis diferentes.

Neste sentido, FEAPS súmase á satisfacción mostrada polo colectivo de persoas con discapacidade representado polo CERMI, e fai especial fincapé na mellora que suporá esta nova norma en relación coa capacidade de decisión e de participación das persoas con discapacidade intelectual en aspectos tan importantes para a súa vida como os citados da Saúde, o Emprego ou a relación coas administracións. Moitos destes aspectos van en liña ás ideas e propostas expostas por FEAPS en consenso co resto de organizacións da discapacidade.

No entanto, para o coordinador da Rede de Xuristas de FEAPS, aínda cando esta norma supón un avance legal importante, "debe ir acompañada de cambios no espírito interpretativo dos xuíces e das administracións públicas", co fin de que "como di a Misión de FEAPS",  poida ser cada persoa con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento a que, como cidadá de pleno dereito, asuma as decisións sobre todo aquelo que afecta de maneira importante á súa propia vida.

Xunto a iso, e de forma máis concreta, Recover apunta algúns aspectos de mellora desta norma, sobre os cales FEAPS fará especial seguimento. Por unha banda, a norma deixa sen adaptación o artigo 12 da Convención, referido ao recoñecemento da capacidade xurídica e á igualdade ante a Lei das persoas con discapacidade.

No caso das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento este artigo é especialmente importante debido a que está a incidir directamente nos frecuentes casos da incapacitación dalgunhas destas persoas. Os lexisladores foron conscientes deste importante déficit e na última revisión do texto da nova lei ante o Senado, incluíron unha Disposición Adicional que debería obrigar ao Goberno a presentar unha proposta de modificación  do Código Civil e da Lei procesual para adaptalos ao que establece este fundamental precepto da Convención, cuxo contido rompe co esquema discriminatorio propio do dereito español que vén establecendo que quen teñen discapacidade intelectual carecen de capacidade xurídica para adoptar decisións con transcendencia no devandito ámbito. Por tanto, para FEAPS suporía un déficit de dereitos destas persoas o que este importante asunto non fose contemplado nesta norma.

Por outra banda, no seu artigo 19 (referido á vida independente e a inclusión na comunidade) a Convención encaixa perfectamente coa visión individualizada dos dereitos que se recolle na Misión de FEAPS. Con todo, a nova norma carece de modificacións que afecten substancialmente á formulación actual sobre os apoios e servizos do sistema de promoción da autonomía persoal e atención á dependencia, que segue mantendo unha visión excesivamente asistencialista e que presta pouca atención ás necesidades concretas de cada persoa.