Lista de correo

Usuario 

mail 



Fademga Facebook
Twitter
Buzón de Suxerencias
Boletín INFO XXI
Calendario 2010
Pictotraductor
proxectocofinanciado
Ministerio
PROXECTO_COFINANCIADO_2
PROXECTO_COFINANCIADO1
Fondos publicos
Fondos publicos 2
Fondos publicos 3
Calidade FEAPS
Banner hermanos 2013
Inicio

FADEMGA FEAPS GALICIA e FEAPS lamentan as declaracións de Celia Villalobos

 

A Deputada do Partido Popular, Celia Villalobos, utilizou onte no Congreso a expresión "el tema de los tontitos" para aludir á contratación de persoal con discapacidade, asunto que figuraba na orde do día.

O Presidente da Cámara, José Bono, recriminou en dúas ocasións a Villalobos e pediu que tal alusión non constase en acta, ao considerarse insultante.

23/02/11. Desde Fademga Feaps Galicia (Federación de Asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual) e FEAPS manifestamos o noso asombro pola polémica que se suscitou na Xunta de Portavoces do  Congreso dos Deputados, cando abordaban a necesidade de cumprir coa lei no ámbito da contratación de persoas con discapacidade.

En Fademga Feaps Galicia e FEAPS entendemos que o Congreso dos Deputados e os representantes lexítimos do pobo español, deben ser modelo en relación  coas persoas con discapacidade e as súas necesidades de inclusión social e laboral, promovendo apoios para facer efectiva a  igualdade de oportunidades e  o exercicio dos seus dereitos cidadáns, especialmente cando se refire a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que se atopan entre os grupos con maiores dificultades de inserción laboral.

Constatamos que as persoas con discapacidade intelectual teñen un déficit no cumprimento dos seus dereitos como cidadáns.  A formación das propias persoas con discapacidade intelectual e a sensibilización social son o camiño para previr os abusos e promover unha vida de calidade para cada persoa como cidadán/a de pleno dereito na sociedade na que vive.